2015-2016

@S NEN@S DE PRIMARIA LEN...

FAI UN TEMPIÑO INICIAMOS UNHA ACTIVIDADE MOI INTERESANTE! COMPIS DE PRIMARIA VIRÍAN A AULA DE INFANTIL A LERNOS FERMOSAS HISTORIAS. A ACTIVIDADE É DO MÁIS ATRACTIVA, POSTO QUE EN PRIMARIA CONTAN CUNHA GRAN RESPONSABILIDADE: QUE @S COMPIS DE INFANTIL SE MERGULLEN NUNHA NOVA HISTORIETA CADA MARTES. A ACTIVIDADE REALÍZASE POR PARELLAS. AÍNDA FALTAN ALGUNHAS PARELLAS POR VISITARNOS, ESTAS SON ALGUNHAS IMAXES DAS DISTINTAS SESIÓNS DE CONTACONTOS.

EXCURSIÓN A PADRÓN: VISITAMOS A CASA DA MATANZA DE ROSALIA E O XARDÍN BOTÁNICO

ESTE ANO DESDE A ESCOLA DE CAPELA INVESTIGAMOS SOBRE A VIDA DE ROSALÍA E TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE COÑECER DIFERENTES FRAGMENTOS DOS SEUS FERMOSOS LIBROS. ADEMÁIS TAMÉN DANIEL NA SÚA BIBLIOTECA FIXO UN BONITO HOMENAXE Á VIDA DESTA ARTISTAZA GALEGA! NA AULA PLASMAMOS AS NOSAS APRENDIZAXES NUN MURAL E TAMÉN ENVIANDO POSTAIS ÁS NOSAS FAMILIAS! QUEDARON BEN BONITAS!! E DESPOIS DE TANTO TRABALLO MERECÍAMOS COÑECER DONDE VIVÍU ROSALÍA E PARA ISO DESPRAZÁMONOS A PADRÓN A COÑECER A CASA DA MATANZA. COMO NON CHOVÍA DESPOIS DA VISITA Á CASA TAMÉN TIVEMOS UN TEMPO PARA VISITAR O XARDÍN BOTÁNICO E XOGAR UN POUCO NEL!

O ENTROIDO EN CAPELA

ESTE ANO ADICAMOS O ENTROIDO Á ARTE!!! E EN CAPELA DISFRAZÁMONOS DE GAUDI! APRENDIMOS COUSAS SOBRE O QUE FACÍA, DONDE VIVIU, ... E FINALMENTE INVENTAMOS UNHA ESTROFA PARA IR CANTANDO NO PASARRÚAS!!!

O MELLOR DE TODO FOI QUE NON CHOVEU E FIXEMOS O PERCORRIDO POR OUTEIRO!!!!

 

 

XA ESTÁ CHEGANDO A CELEBRACIÓN DOS CUMPLES DE MARZO.. PERO ANTES RECORDAR O CUMPLE DE FEBREIRO

AGORA QUE CHEGAMOS A CASE O FINAL DE MARZO E CELEBRAREMOS OS CUMPLES DESTE MES, QUEREMOS RECORDAR ANTES O CUMPLE DE AINARA!! CUMPLIU 4 ANOS O 14 DE FEBREIRO! FELICIDADES AINARA!!

SAÍDA Á CASA DA MATANZA E AO XARDÍN BOTÁNICO

Como actividade final da nosa investigación Rosaliana visitamos a casa na que ela viveu moi preto de Rianxo, en Padrón. Logo tamén paseamos e correteamos polo xardín botánico onde aprendemos cousas curiosas das árbores e plantas que o forman. 

REPOSTEIRA DE GASOLINEIRA

Seguindo coa proposta iniciada con motivo do día da muller traballadora, visitounos na Escola de Rañó Sara, a mamá de Damián, que veu a contarnos detalladamente en que consiste o seu traballo.

Aprendemos que ser reposteira de gasolineira non é coser e cantar. Implica moita responsabilidade para evitar situacións perigosas, así como saber moi ben matemáticas para que ao final do día saían ben as contas.

 

Moitísimas grazas Sara, por responder pacientemente as preguntas dos nosos curiosos e curiosas! 

        


PARABÉNS AIDA!

A maior da clase faise maior e nós celebrámolo con ela. Parabéns Aida!Guiño

 

ACTIVIDADE NO POLIDEPORTIVO

AS AULAS DO CRA DESENVOLVERON NA ÚLTIMA SEMANA DO TRIMESTRE UNHA ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN FÍSICA NO POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE RIANXO,
NA QUE PUIDEMOS ACHEGARNOS AO BALONCESTO, Á "NATACIÓN SINCRONIZADA" E OUTRAS DISCIPLINAS OLÍMPICAS.

NA CASA DE ROSALIA

COMO XA SABEMOS MOITAS COUSAS DE ROSALÍA

FOMOS COÑECER A CASA ONDE VIVIU TANTOS ANOS,

ESA "CASA DA MATANZA", QUE  XA NOS ERA FAMILIAR.

PARA REMATAR ACHEGAMONOS AO XARDÍN BOTÁNICO 

QUE, PESE A NON ESTAR AINDA EN PRIMAVERA , 

VALE A PENA VISITALO.

 

Andy Warhol soup cans

We coloured Andy Warhol's famous Campbell soup cans and made up new flavours: strawberry soup, grapes soup, cotton candy soup, chocolate soup... Which one is your favourite?

Coloreamos as famosas latas de sopa Campbell de Andy Warhol e inventamos novos sabores: sopa de fresa, de uvas, de algodón de azucre, de chocolate... Cal é a túa preferida?

Distribuir contido