1º Roteiro da natureza

O Clube da Natureza da ANPA Irmáns Ínsua, programa o 1º Roteiro da Natureza:

DATA: 12 DE OUTUBRO

PUNTO DE ENCONTRO: PRAIA DA TORRE

DURACIÓN: 2 HORAS

PREZO: 2 EUROS

Descarga o cartel

O C.R.A. de Rianxo entra no programa de Bibliotecas Creativas

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos inclúe ao C.R.A. de Rianxo dentro do programa de Bibliotecas Creativas.

Enlace á resolución da Dirección Xeral de Centros

Enlace a experiencias publicadas en Bibliotecas escolares de Galicia

Rianxo a 4 de Outubro de 2019

INFORMACIÓNS ANPA

SEMANA DO CLIMA:

Martes 24 ás 17:00: Contacontos da man da Plataforma pola Defensa do Monte na Biblioteca dos Amigos e Amigas de Daniel

Venres 27 ás 19:00: Charla da cooperativa A Nosa Enerxía, cooperativa de enerxía renovable, no Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. A continuación ás 20:00 horas na Praza de Padrón concentración pola emerxencia climática.

Sábado 28 ás 17:00: Xincana da man de Ondiñas Mainas na Praia da Torre

Descargar cartaz das actividades

OUTRAS ACTIVIDADES:

Formulario de inscripción na ANPA Descargar

Inscripción Piscina 2019-20 e regulamento. Descargar

Obradoiro de Música. Descargar

 

Becas municipais

O B.O.P. publicou o día 11 de setembro a convocatoria de becas municipais, dirixidas ao alumnado de educación infantil e ensino obrigatorio que na súa unidade familiar non superen o IPREM, con residencia no concello de Rianxo e matriculados nun centro de ensino do Concello.

Mais información en:

WEB CONCELLO DE RIANXO,

Na sede do C.R.A. en Atalaia Asados

Nos servizos sociais do Concello de Rianxo

En Rianxo a 17 de setembro de 2019

 

Comezamos o novo curso

Por fin entramos á escola, con moita alegría e ansia. Algunha bagoa por mamá pero estamos moi contentos e contentas de voltar.

 

Escola de familias - Programa Apego

Faladoiros de alimentación saudable (Inscripcións entre o 9 e o 22 de setembro)

Obradoiros de disciplina positiva (Inscripcións entre o a e o 22 de abril)

Mindfulness en familia (Inscripcións entre o 9 e o 23 de Outubro)

Información en: Servizo de Normalización Lingüístico do Concello de Rianxo

Tfno: 881 988 891 e 981 860 075

 

 

Inicio de curso 2019-20

Incorporación do profesorado: 2 de setembro de 2019

Dende esta data está a disposición das familias o equipo directivo para atender as súas necesidades ou preocupacións na sede de Atalaia en Asados.

Asimesmo as familias ao longo destes primeiros días de setembro recibirán información das profesoras e profesores titores

Inicio das actividades lectivas: Mércores 11 de setembro en horario de 10:00 a 12:00.

MOI BO INICIO DE CURSO PARA TODOS E TODAS

 

Becas libros

BECAS LIBROS DE TEXTO -LISTAXE PROVISIONAL

No enlace pode consultarse a listaxe provisional de alumnas e alumnos  incluidos e excluidos na concesión de axudas par a adquisición de libros de texto.

LISTAXE PROVISIONAL

 

RECLAMACIÓN Á LISTAXE

Dase un prazo de 3 días dende venres 5 de xullo ata martes 9 de xullo, ambos incluidos para realizar reclamacións.

As reclamacións presentaránse na sede do centro entre as 11:00 e as 14:00.

 

RECOLLIDA DE VALES

As familias que teñan concedida a axuda, poden recoller oo vales dende o luns 8 de xullo, ata o xoves 11 de xullo, en horario de 11:00 a 14:00.

Para aclaracións chamar neste horario ao teléfono do centro 981 863305

 

O equipo directivo

Rianxo a 3 de xullo de 2019

 

 

 

Libros de texto curso 2019-20

RELACIÓN DE LIBROS DE TEXTO

CURSO 2019-20

EDUCACIÓN PRIMARIA

Escola de Abuin

Escola de Rañó

Escola de Quintáns

Escola de Capela

Escola de Pazo

EDUCACIÓN INFANTIL

Na etapa de Ed. Infantil non haberá libros de texto.

En Rianxo a 3 de xullo de 2019

O Equipo directivo.

 

FESTA DE FIN DE CURSO

O XOVES 20 DE XUÑO A COMUNIDADE ESCOLAR DO CRA DE RIANXO REUNIRASE NA ESCOLA DE CAPELA PARA FESTEXAR A SÚA DERRADEIRA REUNIÓN CONXUNTA DO CURSO 2018-2019.
XUNTO CO ESPECTÁCULO TEATRAL " CHOCOLATE" ESTÁN PROGRAMADOS OBRADOIROS DE CHOCOLATE, HERBAS DE SAN XOÁN, POMPAS DE XABÓN, CORES DA DIVERSIDADE E XOGOS POPULARES

Distribuir contido