REUNION ANPA

27/11/2019 19:47

ASEMBLEA XERAL DA ANPA MÉRCORES 27 DE NOVEMBRO AS 16:15

NA SEDE DO C.R.A. DE RIANXO, EN ATALAIA ASADOS

 ASUNTOS:

1.- ELECCIÓN DE NOVA DIRECTIVA

2.- CUESTIÓN RELATIVAS ÁS ACTIVIDADES DA ANPA CURSO 2019-20

3.- ROGOS E PREGUNTAS.

MAIS INFORMACIÓN

25 novembro

25/11/2019 08:50

 

IMAXES 

25 de Nov. Outeiro

Clube de ciencia

20/11/2019 16:00

Hoxe volvemos ter sesión de Club de Ciencia e seguiremos cos nosos proxectos de creación de Robots

Non esquezades que no concello siguen as actividades da semana da ciencia:

Venres 22/11, 18:00 h, Biblioteca Pública Municipal Castelao:
​​​​​​Obradoiro: A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio.
​​​​​​​De 6 a 12 anos. 25 participantes. Inscrición previa

Sábado 23/11, Auditorio de Rianxo (Salón de Actos, 1º andar):
​​​​​​​12:00, Discurshow: “Orbitamos!” por Vicente Mohedano. De 8 anos en adiante.
​​​​​​​19:00, Charla-Coloquio: As estrelas e os seus sistemas planetarios (e outras cousas que pasan -ou non pasan- no ceo), por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC. Todos os públicos

Enlace ás imaxes da sesión

 

Contacontos "Os segredos de Petronila"

Mañán Marte, as profesoras Sol e Elisa vannos contar a historia dos "Segredos de Petronila".

Non faltedes e lembrade que a partir das 4:30, podedes vir á Biblioteca para entregar ou recoller contos.

Ata mañán

IMAXES DA SESIÓN

 

Club de ciencia. Sesión de robótica

06/11/2019 13:38

Hoxe na sesión do Club de Ciencia, María vainos ensinar a facer Robots.

Traballaremos con pezas encaixables e con motoriños

Non deixedes de vir.

Lembrade hoxe mércores 6 as 4 e as 5 da tarde.

Enlace a imaxes da sesión

Actividades Rianxo Ciencia 2019

9, 16, 22, 23 e 30 de novembro

Aditorio de Rianxo Biblioteca Municipal Castelao

OBRADOIROS, CHARLAS - COLOQUIO - SHOWS CIENTÍFICOS - EXPOSICIÓNS

Concello de Rianxo, Universidade de Santiago, Deputación de A Coruña e Arenaria.

 

As tres princesas pálidas - Contacontos 5 de novembro

Hoxe a partir das 5 da tarde as profesoras Mirian Alameda López e Celia Piñeiro García, contaránnos a historia das "Tres princesas pálidas"

Esta historia foi escrita por María J. Francés e os debuxos realizados por Corle Henaf

Agardámosvos e lembrade que se desexades coller ou entregar algún conto, estarán Celia e Mirian para a axudarvos.

HABÍA UNHA VEZ, FAI MOITO TEMPO UN REI QUE TIÑA TRES FILLAS

DE ROSTRO TAN CLARO COMA A AUGA OU O CRISTAL

Imaxes da sesión

Fotografías pola igualdade

A Federación Galega de ANPAS de Compostela, compartiu coa ANPA, do C.R.A. de Rianxo, as imaxes da exposición:

Fotografías pola Igualdade.

No contacontos de martes 5 de novembro poderemos velas na Biblioteca.

Logo as profesoraas e os profesores, levaremos as fotografías polas escolas.

Sesión conta-contos na Biblioteca

29/10/2019 13:06

Hoxe, martes 29 de Novembro ás 17:00 horas, Natalia mamá de Brais da Escola de Oteiro, contaranos a historia:

"Agora sei que fun, agora sei quen son".

 A partir das 16:30, podense entregar e recoller contos novos na Biblioteca

Fotos da sesión

 

Club de ciencia, organización dos grupos

A organización dos grupos para asistir os mércores polas tardes  ás actividades do Club de Ciencia queda así:

De 16:00 a 17:00 escolas de Cruceiro, Cuvide, Pazo, Quintáns,  Raño e Outeiro

De 17:00 a 18:00 escolas de Abuin e  Capela.

Este mércores 30 poderanse axustar os horarios para aquelas familias que teñan dificultades para asistir ás horas que se propoñen.

Lembrar que a actividade é gratuita e poden asistir os nenos e nenas de 1º e 2º de E.Primaria. e os nenos e nenas de 6º de E.Infantil.

Informar tamén que  a Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, resolveu admitir ao C.R.A. de Rianxo dentro dos centros docentes que neste curso participarán no programa de Innovación "Club de Ciencia"

Enlace á información da Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

 

Distribuir contido