Os contacontos na Biblioteca de Daniel

18/02/2020 10:22

Martes, Mario e Tobías realizarán a sesión de contacontos e traeránnos unha sorpresa

Martes 18 de febreiro ás 5:00. Podedes vir antes coller contos, ler ou xogar.

RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS ADSCRITOS

Os alumnos e alumnas do noso centro que para o videiro curso van cambiar ao centro adscrito por ter rematado no noso centro a súa escolaridade.

Os centros aos que estamos adscritos son o Colexio Castelao e o Colexio Brea Segade.

O prazo para realizar a solicitude de reserva de praza será do 1 a0 17 de Febreiro.

Se os alumnos e alumnas van cambiar ao outro centro terán que realizar o proceso de admisión polo procedemento ordinario.

Información da Consellería no seguinte enlace

Reserva de praza en centro adscrito

Modelo de solicitude

Carta ás familias

Dereitos das nenas e dos nenos

No ano 2019 celebramos o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Enlace á folla na que descargar os textos

 

Xornadas formación Erasmus+

O C.R.A. de Rianxo participa na xornada de formación sobre Erasmus Plus.

Mais documentacion sobre a xornada:

ESTRATEXIAS DE INTERNACIONALIZACIÓN

GRUPOS DE TRABALLO K-1

SEMANA DA FROITA

13/01/2020 15:30
18/01/2020 15:30

Esta semana as froitas acompañarán os recreos dos nenos e das nenas.

A distribución de froita realízase dentro do programa "Aliméntate ben", que promove a Consellería de Educación.

Máis información sobre este programa nos seguintes enlaces:

Aliméntate ben             Plan Proxecta

Club de ciencia. Outra vez a experimentar

08/01/2020 15:33

Despois das vacacións de Nadal, comezamos de novo coas actividades do Club de Ciencia

Imaxes do Club pulsando aquí

Festival de Nadal

19/12/2019 08:37

Xa chega o festiva de Nadal

Festival de Nadal

Chega unha vez mais o Festival de Nadal

Xoves 19 de Decembro no Auditorio de Rianxo

De antemán agradecemos a todo o profesorado, ás familias,

a ANPA todo o esforzo que estades a realizar

para que o festival sexa un momento de ledicia e de ilusión

 

Sesión de bibliotea e música

   

 A xornada de hoxe pasamola na sede do C.R.A.. Tivemos varios talleres de alimentos

Unha sesión de contacontos "A sopa máis grande do mundo" e unha sesión de música.

MAIS INFORMACIÓN

 

Sesión de formación en robótica

As profesoras do C.R.A. participan nunha sesión de formación para a montaxe de Scornabots

MAIS INFORMACIÓN

Distribuir contido