Proceso de formalización de matrícula para o vindeiro curso 2024-2025

O xoves 20 de xuño iníciase o proceso de formalización de matrícula para todo o alumnado de novo ingreso que foi admitido no noso centro.

 

Prazo de presentación:

Do 20 ao 30 de xuño de 2024 na sede do centro en Atalaia- Asados.

 

Horario: - xoves 20 de xuño de 9:00 h- 14:00 h.

                          - venres 21 de xuño solicitar cita previa por teléfono. A sede permanecerá pechada polas actividades de fin de curso nas escolas.

              - Do luns 24 ata o venres 28 de 9:00-14:00 h.

Deberedes presentar debidamente cumprimentado o ANEXO III-1 Documento de formalización de matrícula educación infantil e primaria. Na seguinte fotografía tendes toda a información e a documentación que deberedes presentar:

 

Na sede do CRA en Asados temos dispoñibles copias impresas do ANEXO III -1 para quen as precise, tamén podedes descargalo no seguinte enlace

 

Modelo de solicitude

 

Teféfonos de contacto: 981 86 33 05  //  629 65 05 23

 

Un saúdo, ante calquera dúbida estamos a vosa disposición

O Equipo Directivo do centro.

 

Adxunto Tamaño
anexoiii_1_infantil_primaria.pdf 427.8 KB