A LENDA DO NARVAL
Clicando no seguinte enlace podedes ver un pdf sobre a Lenda do Narval, unha lenda sobre a historia da Arca de Noé que levamos traballando na aula de Reli estas últimas semanas.
Este proxecto será o traballo que presentaremos este curso para a memoria de Voz Natura. Partindo dos textos bíblicos da Arca de Noé levamos a cabo unha serie de actividades que teñen como obxectivo desenvolver no noso alumnado a conciencia ecolóxica.
Ditas actividades están relacionadas tamén co PDI de centro "OcéanoCRAfico: estudo e conservación do medio mariño". Dende Reli tamén queremos aportar para que as nosas crianzas comprendan o importante que é coidar dos nosos océaos e dos animais que os habitan. O narval que inspira esta lenda, aínda que a día de hoxe non é un animal en perigo de extinción, si que é unha especie ameazada polo cambio climático, xa que unha subida brusca da temperatura da auga podería ser fatal para eles debido à súa pouca capacidade de adaptación. Dende a aula de Reli animamos e concienciamos aos nosos alumnos e alumnas do importante que é respetar o medio, un aspecto crucial de cara ao noso futuro.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
HISTORIA LENDA NARVAL.pdf | 610.51 KB |
- APIs de Blogue