PROCESO DE RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS DE ADSCRICIÓN
Iníciase o proceso de solicitude de reserva de praza para o alumnado de 6º de Educación Infantil e 2º de Educación primaria que pretenda continuar os estudos de primaria nos centros de adscrición correspondentes, nestes casos:
- Quintáns, Rañó e Abuín: o CEIP ADR Castelao (Rianxo)
- Cuvide, Cruceiro, Outeiro e Capela: o CEP Xosé María Brea Segade (Taragoña).
Deberán presentar no centro de orixe, é dicir no noso centro CRA de Rianxo, o modelo que se achega.
Anexo I - Reserva de praza (en galego)
Anexo I - Reserva de praza (en castelán)
Tamén se permitirá presentar a solicitude en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que precisará de Chave 365 ou certificado dixital.
Dentro da aplicación "admisionalumnado" hai instrucións para as familias que fagan a solicitude en rede. ENLACE ÁS INSTRUCIÓNS
Poderase entregar a documentación na sede do CRA de Rianxo no seguinte horario
O horario posible de entrega é o s
Luns: de 09:00 a 14:00 h
Martes: de 9:00 a 14:00 h
Xoves: de 9:30 a 10:45 h e de 13:15 a 14:00 h
Venres: de 10:00 a 13:00 h
O prazo para entregar a solicitudes remata o vindeiro 8 de febreiro de 2022.
- APIs de Blogue