Calendario proceso de admisión e matriculación 2017/2018

O 1 de febreiro iníciase o procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato para o curso 2017- 2018.

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN:

Reserva de praza para o alumnado que remata ciclo no CRA de Rianxo e continúa estudos nos seguintes centros adscritos: 
 - CEIP Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
 - CEP Xosé María Brea Segade
Do 1 ao 15 de febreiro.
Data do sorteo público da letra a efectos de desempate.
Antes do 1 de marzo
Publicación de postos escolares vacantes.
Antes do 1 de marzo
Presentación da solicitude de admisión (alumnado de novo ingreso)
Do 1 ao 20 de marzo
Presentación da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
Do 23 de marzo ao 5 de abril
Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
Antes do 25 de abril
Publicación de listaxes definitivas.
 
Antes do 15 de maio
Formalización da matrícula en Educación Infantil e Educación Primaria
Do 20 ao 30 de xuño

RESERVA DE PRAZA NOS CENTROS ADSCRITOS:

Os alumnos/as que para o vindeiro curso se trasladen ao CEIP Castelao ou CEP Brea Segade, deberán realizar a reserva de praza entre o 1 e o 15 de febreiro. A solicitude de reserva pode facerse de xeito manual, no seguinte impreso que tamén se facilita dende as escolas, ou a través da aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Máis información sobre esta aplicación.

En ámbolos dous casos, fixérase a solicitude manualmente ou na aplicación admisionalumnado, hai que presentar a solicitude de forma impresa na sede do CRA de Rianxo no lugar de Atalaia s/n, Asados.

Quen non realice a reserva de praza nos prazos indicados, renuncia ao dereito de praza no centro adscrito.