A TORRE DE LONDRES

COMEZAMOS A VISITA A LONDRES POR UN DOS SEUS MONUMENTOS MÁIS EMBLEMÁTICOS: A TORRE DE LONDRES.

 

A TORRE DE LONDRES ESTÁ SITUADA Á BEIRA DO RÍO TÁMESIS E TAMÉN É COÑECIDA COMO A TORRE DO TERROR.

FOI CONSTRUÍDA PARA RECLUIR NELA A TODO AQUEL QUE OFENDÍA AO REI; ALÍ PERMANECERON PRESOS PERSONAXES COMO ANA BOLENA OU TOMÁS MORO.

DENTRO DA TORRE ESTÁN CUSTODIADAS AS XOIAS DA COROA E TAMÉN PODEMOS VER A TORRE BRANCA, O PALACIO MEDIEVAL, A CAPELA REAL... E OS CORVOS!!!

                              

CONTA A LENDA QUE O DÍA QUE OS CORVOS DESAPAREZAN A TORRE CAERÁ E CON ELA A MONARQUÍA, POR ESTE MOTIVO, OS GARDAS REAIS CORTAN UNHA DAS ÁS DOS CORVOS COA FIN DE QUE NON POIDAN VOAR MOI LONXE.

FIXEMOS UNHAS COROAS E DRAMATIZAMOS ESTA COÑECIDA LENDA.

E ASÍ O DEBUXAMOS...