COCIÑANDO OS NOSOS "VERTUMNOS"
COCIÑANDO OS NOSOS "VERTUMNOS"
VERTUMNO É O DEUS CLÁSICO DA NATUREZA. FOI NEL EN QUEN SE INSPIROU ARCIMBOLDO PARA FACER O RETRATO ADICADO AO EMPERADOR RODOLFO II DOS HABSBURGO, NA CUIA COHORTE NUNHA CIDADE QUE ESTÁ MOI LONXE E QUE SE CHAMA PRAGA, TRABALLOU.
GIUSEPPE ARCIMBOLDO (1527-1593) RODOLFO II DE HABSBURGO (1552-1612) VERTUMNO O EMPERADOR FOI CONSTRUIDO DE FRONTE CON DELICIOSOS FROITOS, FLORES E HORTALIZAS QUE SIMBOLIZAN AS CATRO ESTACIÓNS. NÓS TAMÉN COCIÑAMOS OS NOSOS "VERTUMNOS", E FIXÉMOLO REUTILIZANDO FOLLETOS PUBLICITARIOS DOS SUPERMERCADOS; EN LUGAR DE TIRALOS DÉMOSLLE UNHA FINALIDADE ARTÍSTICA !!!!! ADEMAIS ASÍ, CONTRIBUÍMOS A QUE A NATUREZA ESTEA EN BOAS MANS PORQUE SEGURAMENTE ESES FOLLETOS ACABARÍAN NO LIXO, E AGORA FORMAN PARTE DAS OBRAS DE ARTE QUE ESTÁN NO MUESEO DA NOSA ESCOLA, ESPERANDO ANSIOSAS SER TRASLADADAS AS NOSAS CASAS PARA QUE AS NOSAS FAMILIAS TAMÉN GOCEN DA SÚA FERMOSURA.
|
E AGORA, SE NOS QUEREDES VER TRABALLANDO MENTRES VOS DELEITADES ESCOITANDO UNHA CANCIÓN QUE FALA DE ANHELOS DE PAZ E QUE SE TITULA "IMAGINE" DE JOHN LENON ... PREMEDE NA FRECHIÑA. PERO CLARO TENDES QUE SABER INGLÉS OU BUSCAR A SÚA TRADUCIÓN EN INTERNET.
- APIs de Blogue
SODES UNS E UNHAS ARTISTAS
NON SABÍA QUE SE PODÍAN FACER COUSAS TAN FERMOSAS CON MATERIAL DE REFUGALLO.
MOITO ÁNIMO E A SEGUIR ASÍ. ESTADE ATENT@S, PORQUE DENTRO DE MOI POUCO IDES TER NOVAS MIÑAS!
UNHA APERTA MOI FORTE
ADIANTE PLANETARI@S