PARABÉNS!!!
O Venres festexamos os aniversarios do mes de Xuño,
e xa por adiantado os de todos e todas as que naceron no verán:
Iker G.,Breogán, Ezequiel festexaron os 4 anos,
Kiara e Félix os 5 e Noe os 8!!!
(Iker T. e Isabela perdéronse a festa
porque estaban enfermos.
Felicitarémolos noutro momento)
PARABÉNS CHIC@S!!!
Nesta ocasión puidemos facer a festa fóra,
pois o sol, que este ano está un pouco vago,
decidiu acompañarnos.
Aínda que non veu só, o vento tamén se pasou
pola festa e complicounos o momento de soprar as candeas.
Pasámolo moi ben e xa postos en acción demostramos,
sobre un esceario improvisado, que estamos preparadísimos
para asistir ao concerto do martes.
O día foi moi axetreado, pois xa pola mañá
nos visitara Anxo Moure con moito que contar.
Pasámolo moi ben!!!
- APIs de Blogue
DESPEDIDA
Bueno, outro ano máis chegará o verán, solo decirlle á Profe Ana que moitísimas grazas por todo sempre con esas ganas de traballar que é impresionante (ben se ven nos resultados) Estuvemos encantados contigo e vai ser unha mágoa empezar un novo curso sin ti.
Bicos e apertas moi fortes e que che reciban como mereces que seguro os metes no peto na primeira semana. ;)
Pais de Xoel.
GRAZAS!
Moitas grazas! Os resultados son froito do traballo de todos e nese todos as familias sabedes que xogades un papel moi importante!!!
Tratarei de empezar con bo pé, con gañas e ilusión,... pero vou a precisar algo máis dunha semana, pois daquela moito me temo que aínda estarei botándovos de menos!
Para min foi un pracer traballar en Capela, polo que gardarei sempre un gran recordo.
Un saúdo para toda a familia e un bico moi especial para Xoel.