A ERA DAS GRANDES CATEDRAIS
Ao longo deste curso 2012-2013 os alumnos e alumnas de 2º de Primaria de Relixión do CRA nos embarcamos nunha viaxe a través do tempo para coñecer a espiritualidade e as crenzas relixiosas dos nosos ancestros. Partindo da cosmogonía cristiana onde consideramos a Deus como o Creador da vida e do universo, comezamos a nosa viaxe nas orixes do tempo, seguimos as pegadas de Deus dende o Big Bang primixenio ata a Idade Media. Observamos como dende os tempos prehistóricos o home empezou a desenrolar a súa espiritualidade e as crenzas relixiosas, falamos das características esenciais da espiritualidade dos pobos castrexos e nos embarcamos na evanxelización de Galiza centrándonos na figura do Apóstolo Santiago como o principal artífice.
Chegamos entón á ultima etapa da nosa viaxe: a Idade Media. O cristianismo chega a Península Ibérica a finais do século I, a xente empeza a achegarse a mensaxe de Xesús e se empezan a fundar as primeiras comunidades cristiás. Ao longo dos primeiros séculos se van constituindo as primeiras parroquias e se vai organizando a Igrexa , nombrándose os primeiros Bispos e Papas. Cando chegamos a Idade Media a Igrexa está plenamente constituida e preparada para predicar a mensaxe de Xesús por todo o mundo, pero si o cristianismo da Idade Media se caracteriza por algo e por ser a era das grandes catedrais.
A Idade Media é a etapa histórica onde floreceu a construcción dos grandes templos cristiáns. As catedrais son as igrexas principais de cada diócese onde reside o Bispo e o seu cabildo. A súa pranta principal ten forma dunha enorme cruz, aínda que despois se lle poidan ir añadindo anexos a modo de capelas. Normalmente a súa construcción completa tardaba varios séculos en executarse, este é o caso da Catedral de Santiago de Compostela unha das máis importantes do mundo, que a partires do núcleo orixinal sufriu grandes modificacións, polo que quixemos recuperar a fachada orixinal da Idade Media coloreando con acuarela un boceto da mesma:
As catedrais son parte ineludible da paisaxe do mundo occidental, polo que decidimos investigar a cerca da súas orixes, e descubrimos que a catedral máis antiga de España está en Galiza. Trátase da basílica de San Martiño de Mondoñedo, situada no municipio lucense de Foz, no século IX foi sede de dous obispados do Reino de Galiza, un trasladado dende Braga en Portugal, e outro trasladado dende Bretoña, na provincia de Lugo.O edificio actual é románico de finais do século IX, os recios contrafortes son obra do século XVIII. Dende o ano 1931 está catalogada como BIC (Bien de Interés Cultural, figura xurídica de protección do patrimonio histórico español), no ano 2007 obtivo a categoría de basílica. Decidimos relizar un cadro da mesma, que coloreamos con témpera sólida:
galería de imaxes
Coa reproducción destas dúas grandes catedrais galegas rematamos o nos proxecto "As orixes do cristianismo en Galiza", esperemos que desfrutedes moito do noso traballo. Un bico moi forte e ata o curso que ven.
Curiosidades ligüísticas:
Sabías que na súa orixe o termo catedral significaba "cadeira"?
A súa orixe esta no grego katedra, que significa “ cadeira", catedrático significa “o que pode sentarse”, e cátedra significa “ensinar sentado”. De ahí ven o nome de catedral entendida como o lugar dende onde o bispo exerce o seu maxisterio a todo o seu episcopado, maxisterio simbolizado na cátedra, que aínda que no seu orixe é unha “cadeira” pasa a simbolizar a máis alta capacidade docente. É por isto que as catedrais tamen son coñecidas como as sedes episcopais, e tamén o Vaticano como a Santa Sede.
- APIs de Blogue