CAZADORES DE MAMUTS

IMPRESIUNOUNOS IMAXINAR ÁS PERSOAS DO PALEOLÍTICO CAZANDO MAMUTS COAS SÚAS ARMAS FEITAS DE PEDRA.

 

E IMPRESIOUNOUNOS IMAXINAR UN MAMUT, UN MAMÍFERO XIGANTESCO QUE PODÍA CHEGAR A MEDIR 5 METROS DE ALTURA.

PARA FACERNOS UNHA IDEA PRECISA, MEDIMOS A PAREDE DA AULA, DENDE O CHAN ATA O TEITO, E COMPROBAMOS QUE SÓ PODERÍA COLLER UNHA CRÍA DE MAMUT. MEDIMOS DA MESMA FORMA O PATIO CUBERTO E VIMOS QUE NIN SIQUERA ASI PODERÍA TER ENTRADO UN.
PARA SACIAR A NOSA CURIOSIDADE DECIDIMOS MEDIR 5 METROS DO CHAN E ACOMODAR ALÍ POR FIN UN EXEMPLAR ADULTO


E QUIXEMOS TAMÉN FACERNOS UNHA IDEA DO QUE SUPOÑERÍA CAZALO CUNHA LANZA...

Un mamut na praia

Helena atopou un mamut na area da praia do Salgueriño. Como se lle dea ó bichoco por quedar a vivir alí non sei que ha de ser de nós cando chegue o verán!!

que grandes os mamuts

E eu que pensaba que a Escola do Cruceiro era grande, e resulta que non cabe nela un mamut... pois menos mal que os mamuts non irían á escola, senón a ver quen lles construía unha!!! Que divertido o que facedes e cantas cousas aprendemos a conta do voso blogue!!! 

Menudos cazadores!

Estou impresionada de que estivesedes cazando mamuts en Cruceiro ainda que fosen pintados no chan. A min so de velo xa me da moito respeto. Penso que si eu vivira na Idade de Pedra non sería cazadora, creo que me gustaría máis ser vixía, eu quedaría vixiando o poboado mentres vos ibades de caza. que vos parece a idea? E cando volvesedes coa carne do mamut cómo a cociñaríamos? que vos parece  unha empanada de mamut? uhmm... que rica! Que cousas se me ocorren eh? Un biquiño chicos me gustan moito os vosos traballos.