LETRAS GALEGAS : OS MAIOS; "O MAIO DURMIÑÓN"
Este mes levamos falando, xogando e facendo moitas cousas relacionadas cos maios. Vimos que era unha festa que celebraba o espertar da Natureza, a chegada da primavera e das flores. Falamos de que aquí en Taragoña e Rianxo celebrábase poñendo un ramo nas portas das casas para que non entraran as bruxas.
-"Pero iso son tonterías, non é certo, verdá profe ?"dixo Anxo
- "Tampouco é certo a bruxa regañadentes", dixo Carlota
-"Claro, son contos, non vai entrar ningunha bruxa na nosa casa se non poñemos o ramo pero é bonito conservar esa tradición e xogar con ela, non?
As flores utilízanse para moitas cousas fermosas :
-
para regalar
-
para casar
-
para adornar....
Tamén podemos facer un xogo que se chama "O MAIO DURMIÑÓN":
Un neno cunha flor na fronte é o maio; está anicado no medio do corro durmindo e o resto cantámoslle:
ÉRGUETE MAIO QUE TANTO DURMICHES PASOU O INVERNO E TI NON O VICHES |
ÉRGUETE MAIO QUE TANTO DURMICHES, QUE XA SOMOS MENOS E TI NON SENTICHES.
|
|
|
Mentres cantamos as coplas unha persoa do corro ten que se agochar e ao rematar de cantar o maio ten que descubrir quen falta. Se o descubre pasa a ser O MAIO DURMIÑÓN.
- APIs de Blogue