A POMBA DA PAZ, ORIXES DO SÍMBOLO

A POMBA, SÍMBOLO DA PAZ

O concepto de Paz  é un tema fundamental dentro dos valores cristiáns, é un dos máis importantes. Según nos contan os Evanxeos é un concepto que utilizaba Xesús constantemente incluso cando saudaba ou se despedía adoitaba decir: "Que a paz sexa convosco", xa que o dereito a vivir en paz é un dos dereitos fundamentais do ser humano.

A pomba foi considerada dende moi antigo como un símbolo de paz e entendemento entre as persoas. No século XX despois das guerras mundiais que sufriu o mundo difundiuse o debuxo da pomba branca como Símbolo Universal da Paz.

No ano 1949 o xenial pintor español Pablo Picasso debuxou unha pomba para o Congreso Internacional da Paz celebrado en París. Posteriormente Picasso creou unha colección da grabados con este símbolo, que provocou que outros artistas o  popularizaran e se convertera nun símbolo da paz a nivel mundial:

       

                                         PABLO PICASSO                                              POMBA DA PAZ, CONGRESO DE PARÍS 1949

A continuación mostramos dous dos grabados  da Pomba da Paz máis populares de Picasso:

           

Pero cal é a orixe deste símbolo?

A pomba é Símbolo de Paz dende os tempos da "Arca de Noé", tal e como se nos relata na Biblia. Os textos sagrados contan que despois do gran diluvio, Noé mandou unha pomba para que, a través dela, se puidera coñecer en que condicións estaba a Terra despois do terrible suceso que os obrigara a encerrarse na Arca. A pomba regresou portando unha ramiña de oliveira no pico, signo de que as augas se estaban retirando e de que xa había árbores que non estaban cubertas pola auga, polo tanto podían abandonar a Arca para voltar a vivir en terra firme. A pomba anunciaba que o perigo desaparecera e que Deus voltaba a estar en paz coa humanidade. E moi común ver o símbolo da Pomba da Paz nas ilustracións dos relatos da  Arca de Noé como a que vemos a continuación:

Aínda que o símbolo xurde da tradición xudeo-cristiana , na actualidade vai máis alá de calquera cultura, raza ou relixión, e ven sendo o símbolo da paz máis coñecido universalmente.

Como cada ano, o 30 de xaneiro celebramos o Día mundial da Paz ,os nenos e nenas de Relixón do CRA para conmemorar este día decidimos, ao igual que Pablo Picasso, facer as nosas pombas da paz.

Nesta actividade visionamos unha presentación sobre as orixes do símbolo, limos os contos bíblicos sobre a Historia de Noé e fixemos uns colgantes da Pomba da Paz que nos quedaron moi bonitos. Aquí tedes unha mostra:

      

   

A continuación podedes ver a galería de fotos sobre a actividade, como somos moitos a profe Celia fixo duas tandas, son un pouco longas pero animádevos a velas. Estamos todos moi guapos. ¡Feliz Día da Paz 2012!

Galería de Fotos 1 (escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns, Vacariza e Outeiro:

 

 

 

 

Galería de fotos 2 (escolas de Cuvide, Cruceiro e Capela):