Eventos
Venres 25 de outubro celebramos o Magosto na Escola de Abuin. Xogaremos, cantaremos, comeremos doces de outono e tamén castañas asadas
Ademais instalaremos unha mesa para colaborar coa Asociación SOGAPS, de solidaridade co pobo Saharaui. Aquí poderás recoller libros a cambio da túa solidariedade.
Alimentos non perecedoiros (latas, aceite, leite en pó, legumes, arroz, galletas). Material escolar (cadernos, lapis, rotulas, gomas ...)
Obradorio:
Ioga en familia. Sábado 26 de Outubro en Capela Araño ás 10:30 horas
Organiza: Anpa Irmáns Ínsua, en colaboración co Concello de Rianxo e a Piscina Municipal
Hoxe, martes 29 de Novembro ás 17:00 horas, Natalia mamá de Brais da Escola de Oteiro, contaranos a historia:
"Agora sei que fun, agora sei quen son".
A partir das 16:30, podense entregar e recoller contos novos na Biblioteca
Hoxe na sesión do Club de Ciencia, María vainos ensinar a facer Robots.
Traballaremos con pezas encaixables e con motoriños
Non deixedes de vir.
Lembrade hoxe mércores 6 as 4 e as 5 da tarde.
Martín e Paula cóntannos hoxe Paco Papán
Hoxe mércores, a partir das 4 da tarde, non esquezadas de vir á sesión do Club de Ciencia.
Seguimos coa robótica.
Agardámosvos
A historia que nos van contar as profesoras Sol e Elisa
Hoxe volvemos ter sesión de Club de Ciencia e seguiremos cos nosos proxectos de creación de Robots
Non esquezades que no concello siguen as actividades da semana da ciencia:
Venres 22/11, 18:00 h, Biblioteca Pública Municipal Castelao:
Obradoiro: A ciencia nos tempos de Castelao, Dieste e Manuel Antonio.
De 6 a 12 anos. 25 participantes. Inscrición previa
Sábado 23/11, Auditorio de Rianxo (Salón de Actos, 1º andar):
12:00, Discurshow: “Orbitamos!” por Vicente Mohedano. De 8 anos en adiante.
19:00, Charla-Coloquio: As estrelas e os seus sistemas planetarios (e outras cousas que pasan -ou non pasan- no ceo), por José Ángel Docobo, director do Observatorio Astronómico da USC. Todos os públicos