Jane Goodall
Durante o primeiro trimestre ás aulas de Esfarrapada 4 anos B e 4 anos C, estivemos traballando a primatóloga por excelencia: JANE GOODALL. Un referente mundial no estudo dos chimpancés.
Os cativos e cativas, coñeceron a vida e traballo de JANE, como todo un exemplo de liberdade e da importancia de loitar por cumprir os nosos soños.
As nosas alumnas e alumnos, elaboraron un libriño cunha colección de traballos persoais que, posteriormente, levaron para compartir coas súas familias.
Esta é unha mostra dalgunhas das actividades levadas a cabo durante este proxecto que tanto motivou ao noso alumnado.
Para rematar o proxecto, e como repaso de todo o aprendido, fixemos unha exposición no corredor do colexio, cunha representación do súa obra e un resumo da súa biografía.
- %count lecturas