Ola Familias:
Como xa sabedes o día 18 de maio celebrouse o “Día internacional dos museos”. Na nosa sección de “Venres de alucine” seguiremos traballando esta temática, xa que visitar un museo é unha experiencia que trae moitas vantaxes aos nenos como:
- Estimulan a súa curiosidade.
- Reforzan a linguaxe e enriquecen o vocabulario.
- Estimulan o pensamento visual.
- Axudan a atopar novos intereses.
- Establecen vínculos entre coñecemento e o lecer.
- Aprenden divertíndose.
- Fan que teñan unha mente máis aberta.
Debido á situación Covid que estamos a vivir neste momento é complicado e difícil realizar visitas aos museos, por iso nós recomendámosvos realizar unhas visitas virtuais aos museos desde o voso fogar (aínda que xa sabemos que a experiencia non é a mesma e tampouco é tan enriquecedora).
Para acceder a estes percorridos virtuais só tedes que facer clic na imaxe.
Espero que vos gusten.