Marzo 2018
VISITA DE MASCOTAS
Posted Marzo 20th, 2018 by profeHoxe tivemos unhas visitas moi especiais. As mascotas dalgúns compañeiros, Calu, Curri e Jetas tamén viñeron ao cole.
- %count lecturas
VISITA A UNHA CLÍNICA VETERINARIA
Posted Marzo 14th, 2018 by profeVisitamos unha clínica veterinaria en Salceda de Caselas e aprendimos moitas das tarefas que lle corresponden a esta profesión.
Moitas grazas á clínica " Low Cost Veterinarios " por recibirnos con esa gran sonrisa.
- %count lecturas
SKYE VISITA O NOSO COLE
Posted Marzo 14th, 2018 by profeA nosa compañeira Sara trouxo a Skye ao cole. Un can que tivo sorte de poder atoparse cunha familia cun gran corazón, xa que ata ese momento estaba perdida polas rúas.
Oxalá outros animais teñan a mesma sorte!
- %count lecturas
MARTÍN E BOLITA
Posted Marzo 7th, 2018 by profeMARTÍN E BOLITA
Martín presentounos a Bolita, un hamster ruso. A pesar de ser un roedor moi activo, tivemos bastantes dificultades para poder velo.
Acompañáronnos gran parte da mañá e aprendimos a coidar deles.
- %count lecturas
COÑECEMOS A JUANITO E JUANITA
Posted Marzo 7th, 2018 by profeCOÑECEMOS A JUANITO E JUANITA
Ainhoa presentounos a dous grandes compañeiros da súa vida, Juanito e Juanita.
Acompañáronnos gran parte da mañá e aprendimos a coidar deles.
- %count lecturas
VISITA DE VAINILLA
Posted Marzo 7th, 2018 by profeVISITA DE VAINILLA
Sabela tróuxonos á escola a súa mascota, Vainilla, un canario moi alegre.
Explicounos os coidados que precisa e algunha característica propia desta especie de paxaros.
- %count lecturas
VISITA MASCOTA SABELA
Posted Marzo 7th, 2018 by profeA nosa compañeira Sabela, tróuxonos ao cole ao seu paxaro Arco iris. Explicounos que coidados precisa: Alimentación, claridade, auga…etc. Todos gozamos da súa compañía e dos seus asubíos.
- %count lecturas
OS PEIXIÑOS DE LALO
Posted Marzo 7th, 2018 by profeO noso compañeiro trouxo ao cole a “Dori e Mandíbulas” os peixiños aos que coida cada día. Cambiámoslle a auga e démoslle de comer, despois estivemos buscando curiosidades dos peixes: non teñen párpados, respiran dentro da auga, teñen moi pouca memoria…etc.
- %count lecturas
CARNET DE VETERINARIOS
Posted Marzo 7th, 2018 by profeComo imos realizar unha visita a unha clínica veterinaria, cada neno/a realizou unha tarxeta de anotacións para levar a visita e anotar os datos máis relevantes.
- %count lecturas
QUE NOS PROPORCIONAN OS ANIMAIS
Posted Marzo 7th, 2018 by profeObservamos varios animais domésticos e falamos acerca dos productos que nos proporcionan: como ovos, leite, lá….Despois realizamos un traballo impreso onde tiñamos que relacionar, decorar, picar e escribir.
- %count lecturas