Maio 2015

Could not find the wijering_mediaplayer file for embedding.

ALIMÉNTATE BEN

Os nenos/as desta aula estamos a traballar a relevancia de alimentarse ben para ter unha vida saudable. Para iso, realizaremos unha pirámide nutricional para coñecer os alimentos, como se clasifican, que cantidade debemos tomar, etc. Despois era necesario realizar as nosas recitas e para ser profesionais cada un de nos fixo un mandil e gorro de cociñeiro/a  


Sorry, flash is not available.

PARTIDAZO EN SALCEDA

Este martes, día 19 de maio, tivo lugar un evento único en Salceda de Caselas. Un partido de fútbol sala entre mestres/as do CRA Raiña Aragonta contra mamis e papis dos alumnos/as.

A diversión e o xogo limpo foi a nota predominante nunha tarde na que disfrutamos do deporte todos xuntos.

Así posabamos os dous equipos antes do partido

 

E así rematamos entre risas, diversión, e o aplauso dos nenos/as, outras familias, resto de compañeiros/as que viñeron a animar este PARTIDAZO  que rematou cun marcador de 7-4, a favor do equipo de mamis e papis.

 

Se queres ver a reportaxe fotográfica deste partido, pincha aqui

XOGOS POPULARES EN SAN XURXO

Esta semana estamos recordando algúns xogos populaes na aula de san Xurxo. Disfrutamos moito xogando á pita cega, ao pano, ao escondite inglés, carreiras de relevos,... Que ben o pasamos !!!!



( Para ver máis fotos pincha aquí. )

Cancións e bailes

Nas clase de educación física aprendimos diferentes bailes e coreografías, aquí podedes ver algúns deles...


 

Sorry, flash is not available.


 


 

Sorry, flash is not available.


 


 

Sorry, flash is not available.

BAILANDO...

    Bailando, bailando e bailando sen parar estivemos durante todo o ano.


    Bailamos nas clases de educación física, nas clases de música, nos recreos,... e aprendimos un montón de danzas grupais e coreografías.


    Encántanos mover o esquelete a todas horas!!! Nos vos perdades o vídeo!!!


 

Sorry, flash is not available.

ENSAIO 4B

    Os nenos e nenas da clase de 4B aproveitamos calquera momento para ensaiar a coreografía do plan proxecta. O outro día entre clase e clase saímos ao patio a practicala cos nosos paraugas e pasámolo xenial!!

    Se queredes ver mais fotos do ensaio pinchade aquí

SOMOS DEPORTISTAS

    Como somos moi deportistas e encántanos facer deporte e estar en forma, fixemos no cole un gran mural con fotos dos nenos, nenas, pais, nais, irmáns, profes,...facendo os deportes que mais nos gustan: fútbol, baloncesto, atletismo, ciclismo, ximnasia, sendeirismo,...

    Ata a nosa mascota da biblioteca, Caselín, está neste mural, pois ademais de ler tamén está moi en forma e fai moito deporte.

    Nuns días teremos o mural rematado e poderedes ver o resultado final, seguro que queda precioso!!!

    Se queredes ver mais fotos pinchade aquí

 

"ZUMBEANDO" EN SAN XURXO

Calquer momento é bo para facer un pouco de deporte, os nenos e nenas da aula de San Xurxo púxemos a facer zumba no medio da clase....foi divertidísimo.

Se queres ver máis fotos, preme aqui

 

ENSAIOS NA AULA DE 5A

Os nenos e nenas de Esfarrapada 5A estamos ensaiando moito a coreografía da canción para o vídeo de "Móvete +". Facémolo na aula

 

 

e tamén no ximnasio

 

Se queres ver máis fotos dos nosos ensaios preme aqui

XOGOS POPULARES

Esta semana estivemos recordando algúns xogos populares. Que ben o pasamos !!!!



 


( Para ver máis fotos preme aquí. )


 


 


 


 

Back to top