Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

PINTAMOS CON SAL

 

Unha das rutinas diarias da aula é cantar unha canción de "Buenos días", ao final da mesma os nenos/as din como se sinten. Aproveitamos para representar ese sentimento cunha nova técnica: pintamos con sal. Primeiro debuxamos con alkyl, botámoslle sal por encima quitando despois a sobrante. Para pintalo empregamos colorante alimentario e observamos como a cor corría pola sal con solo apoiar o pincel.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

TINGUIMOS CARAVEIS

O venres seguimos cas experiencias. Esta vez tinguimos flores cas cores secundarias, mesturando as primarias. Antes escoitamos o conto "Colores" de Hervé Tullet, axudounos a conseguir esas cores solo tendo colorante vermello, amarelo e azul. Para ver como quedaban os caraveis tivemos que esperar ata hoxe.

Mirade mirade:

 



Imaxe de Monica

ILUMINAMOS O MUNDO POLA PAZ

A semana pasada e hoxe estivemos moi atareados preparando o Día da Paz:

  • Aprendimos, cantamos e dramatizamos a canción "Querote máis" de Sonoro Maxín.
  • Coñecimos a historia da pombiña.
  • Escoitamos contos relacionados: Brancos e Negros, O libro dos porcos...
  • Dramatizamos xestos de paz.
  • Elaboramos unha coroa co símbolo.
  • Decoramos a entrada con lema: Iluminamos o mundo pola Paz.

Mirade un resumo:

 



Imaxe de Monica

ANIVERSARIOS XONXA E ALEJANDRO

O venres e hoxe celebramos os cumples de dous compis, Xonxa e Alejandro. Xa son uns chicos de 6 aniños. Esperamos que o pasarades moi ben no voso día.

Un biquiño de todos!!

XONXA

 

 

ALEJANDRO
 
 


Imaxe de Monica

E SEGUIMOS CAS CORES!!

Onte fixemos outro experimento. Nunha cunca botamos leite e tres gotiñas de colorante alimenticio (amarelo, vermello e azul). De seguido, mollamos un bastoncillo en jabón e tocamos sobre o colorante:



Distribuir contido


by Dr. Radut