Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

CAIXA DAS LETRAS

Como sabedes o elemento motivador que empregamos na escola para a inicición a lectoescritura é a "Caixa das letras" que viaxa a casa das familias cunha letra agochada. O neno/a que a leva ten que meter obxectos na caixa que comecen por dita letra e despois devolvela a escola.

Cando esta volve o cole o neno/a ensina o que trouxo dentro dela e a través de esas cousas realizamos dintintas actividades.  Hoxe por exemplo, repartimos os obxectos en diferentes grupos e tiveron que pensar as letras que levaba cada cousa.

 

 

Imaxe de Monica

EL MAGO DE LA PALABRA

 

Hoxe ao entrar do recreo atopamos unha caixa na asemblea. Dentro dela unha carta, era do "Mago de la Palabra". Non sabemos por onde entrou por ninguén o viu, contábanos, entre outras cousas, que lle encantaba mirar contos e que sempre iba acompañado da súa maleta.

A primeira actividade que fixemos foi realizar un debuxo imaxinando como é o mago... Pronto veremos un video onde averiguaremos realmente como é:

 

(Educación Responsable)

Imaxe de Monica

OVO SALTARÍN

 

Como cada venres fixemos un experimento pero esta vez tivemos que esperar ata o luns para ver o resultado:

1º Metemos nun bote un ovo, con coidadiño que non rompa.

2º Cubrímolo de vinagre, pechamos o bote.

3º Esperamos dous días... 

 



Imaxe de Monica

NOME 3 ANOS

Escollemos entre todas as cartulinas a que tiña o noso nome posto con tiras, pintamos con acuarela sobre el e deixámolo secar. Cando xa estaba seco, con moito cuidadiño quitamos as tiras.

Mirade que chulo lles quedou:



Imaxe de Monica

ROSALIA DE CASTRO

O 24 de febreiro é unha data a recordar, naceu Rosalía de Castro. Na escola quixemos rendirlle un pequeno homenaxe a esta figura tan representativa da nosa cultura. Dímola a coñecer entre os nenos/as, recitamos unha poesía dela "Parece unha rosa" e representamos a súa imaxe mezclando difetentes técnicas.

Ademais, para rematar, os peques animáronse a recitar dúas das estrofas do poema "Parece unha rosa"

 



 
Distribuir contido


by Dr. Radut