Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

O GATO CON BOTAS

Aquí tedes as fotos da excursión do luns. Acudimos ao Forum Metropolitano de A Coruña para ver a obra de teatro "O Gato con Botas". Antes da representación estivemos no parque onde tomamos a merenda.

Mirade que ben o pasamos:

 



Imaxe de Monica

MAGO DA PALABRA

Esta semana volveounos a visitar o Mago da Palabra. Deixounos na caixa unha carta contestando a que lle escribíramos e un conto, Nadarín:

Despois do recreo, a profe Amelia contounolo!!

Nun recuncho do mar vivían felices un banco de peixiños. Eran todos vermellos menos un que era negro como o petroleo. Nadaba máis rápido que os seus irmáns. Chamábase Nadarín. Un día un gran atún atacoulles e solo sobreviviu el. A partir dese momento, Nadarín deambula solo polo mar ata que se atopa con un banco de peixes da mesma especie que tamén viven atemoritados dos peixes grandes....

Un conto sobre o compañerismo como arma contra o medo!!!

Continuamos escenificando que eramos peixiños nadando polo mar. Notabamos como as olas acariciaban o noso corpo mentras escoitábamos o sonido relaxante do mar. En asemblea, contaron como se sentiran (contentos, felices, algún pareceulle que era invisible, eran de moitos cores, grandes, pequenos...).

Tamén comezamos a preparar o mural que imos facer sobre o conto....

Continuaremos con esta actividade, estade atentos.

 

 



Imaxe de Monica

PINTANDO CON CORDAS

Para facer a portada para os traballos de "Experimentos e Experiencias" que levamos a cabo este trimestre traballamos outra técnica: pintar con cordas. Enganchamos en pinzas cordas pequenas, impregnábanas en témpera e a pasear a corda pola cartolina.

Algúns complicouselles, porque ao agarrar moi forte a pinza ésta abríase e a corda caía.

Quedaron verdadeiras obras abstractas.

Mirade:

 


Imaxe de Monica

CUMPLE HUGO

Este xoves celebramos o cumple do noso amigo Hugo, xa ten 5 anos.     

PARABÉNS!!!

 

 



Imaxe de Monica

BAILAMOS?

Seguimos xogando coas matemáticas, esta vez con música!! Fixemos xogos por idades. Repartimos tarxetas con números, mirábana e a poñían no peito cubrindoa para que ninguén lla vira. Música e a baliar...cando esta deixaba de soar: 

Os de 3 e 4 tiñan que buscar a súa parella, o amigo/a que tivese o mesmo número:



 

 

Os de 5 tiñan que coller a un compi da man e sumar os dous díxitos:



Distribuir contido


by Dr. Radut