Skip to Content

Berdillo

Imaxe de Monica

MEDRAMOS...

Os pés permítennos andar, correr, sentir, achegarnos as persoas queridas, xogar, coñecer o mundo... Este curso quixemos evidenciar o seu cambio. En setembro, se o recordades, iniciamos o control desta parte do corpo: observamolo, miramos o número de zapato, comparámolo co doutro compañeiro... e para que quedase rexistrado fixemos a súa silueta nun acetato. Esta actividade repetímola agora para evidenciar a súa medra.

 

Imaxe de Monica

EXCURSION FIN DE CURSO

Aquí podedes ver un pequeno resumo da xornada do luns. Merecidísima excusión despois dun longo curso no que foron os verdadeiros protagonistas das mil e unha actividades que levamos a cabo. Moi bo traballo chicos/as:

 


Imaxe de Monica

CUMPLE NOA

Hoxe celebramos o cumple de Noa, 6 añazos!!!

FELICIDADES PIRULA!!


Imaxe de AnaFernandez

INSTALACIÓN DE XOGO

Ao chegar a educación física atopámonos con esta instalación de xogo construida con pelotas, tapas e carretes de fio.

A través do xogo libre, exploración, investigación, descubrimento,... construimos unha aprendizaxe autónoma, motivante e moi divertida.

Fixemos diferentes construccións, equilibrios, experimentamos co son,... o pasamos moi ben!!

Imaxe de Monica

LETRAS GALEGAS

O xoves pasado conmemoramos o Día das Letras Galegas no local social de Verdillo: cantamos e bailamos con Pablo Díaz, merendamos chocolate con churros e gozamos de xogos tradicionais  cos compis de todas as escolas do CRA.

 


 
Durante a semana estivemos traballando sobre o día e coñecimos ao autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas:
 
 
 
 
Distribuir contido


by Dr. Radut