“Todas as persoas utilizamos elementos, obxectos, ... que noutrora foron soñados por alguén”
Dun comentario coma este, podemos pensar que todas/os somos usuarios dos soños doutra persoa que, gracias ao seu esforzo, talento e constancia, lle deu forma e chegou a facelo realidade.
A formación deste CRA foi o soño dun grupo de mestras, no que se atopaba Isabel, mestra de Sísamo, á que hoxe lle dedicamos a nosa particular homenaxe.
É importante destacar o teu labor educativo durante os 32 anos a prol da escola rural; sendo Carballo, concretamente, o lugar onde decidiches desenvolver a túa carreira profesional e onde varias xeracións de nenas e nenos creceron contigo.
Agradecerche as túas achegas, experiencias e consellos en calquera situación que se che pide. A ilusión, o ánimo e a seguridade que nos transmites nas iniciativas que se che propoñen.
Gracias por formar parte das nosas vidas.
Aquí queda a túa casa, á que sempre serás benvida!
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas