DÍA CONVIVENCIA ARTES E VERDILLO
A convivencia do venres cos nenos/as de Artes resultou magnífica. Deixovos un pequeno resumo do que aconteceu o longo da mañá.
Comezamos bailando e movendo o corpo para seguir cun xogo de presentación no que nos unimos tecendo unha tea de araña. Queríamos seguir unidos o longo da xornada polo que fixemos outra representación máis, unirnos tamén na tea de araña representada no patio cuberto. Para iso, fixemos os nosos autoretratos e escollimos un fío para colgalo.
Chegou o momento da merenda, preparamos zume de laranxa e unhas deliciosas borchetas de froita con chocolate.
Continuamos co recreo no que compartimos xogos e risas .
Rematamos a xornada cunha inslalación artistica (é unha manifestación de arte contemporáneo que propón un espazo simbólico para representar unha idea ou mensaxe intencionado. É unha situación lúdica, de experimentación, relación e de aprendizaxe a través da transformación do espazo e da exploración dos obxectos presentes na na mesma).
Despois de interactuar con ela falamos en asemblea o experimentado e representamos o vivido o longo da xornada nun mural. O producto final do día quedou precioso.
Grazas aos nenos/as de Artes por acompañarnos!
COMENTARIOS
hai 3 anos 38 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 4 anos 44 semanas
hai 6 anos 22 semanas