Skip to Content

INVERNO

Imaxe de Jacqueline

Esta semana tamén estivemos pintando cun novo material que espertou moita curiosidade, pois era papel de aluminio! Gustounos moito esta actividade na que pintamos obras de arte coas cores do inverno. Mirade, mirade!

 

 

Así mesmo, queremos ensinarvos outra das obras plásticas que realizamos. Fai uns días pintamos con acuarelas empregando as cores do inverno e, unha vez seco, pegamos diferentes formas invernais (árbore sen follas, boneco de neve...). Despois, pensamos as letras que leva a palabra “inverno” e decorámolas con pintura, pero sen pinceis... Nesta ocasión, empregamos bastonciños dos oídos para pintar!! Mirade que chulo quedou.

 

 



blog | by Dr. Radut