Skip to Content

RADIO BERDILLO

Imaxe de Monica

Traballando o proxecto "Viaxando por España" coñecimos que foi en Barcelona onde se emitiu o primeiro programa de radio do noso país, Radio Barcelona.

Grazas ao papá de Sofi que traballa nunha emisora hoxe convertímonos en locutores de radio e gravamos o noso propio programa. O nome, elexironno os nenos/as: Radio Berdillo.

Primeiro estivemos moi atentos ao que nos contou Toni, como era o seu traballo e como foron os seus comenzos no mundo da comunicación.

Antes de comezar o programa preparounos unha actividade de vocalización, cun lápis entre os dentes presentámonos, dixemos o noso nome e os anos que tíñamos alto e claro.

Todo listo para comezar... Por grupos acudimos a gravación, queríamos contarlle aos oíntes a que sitios dos que visitamos durante a nosa viaxe gustaríanos volver e o porque. Os nervios fixeron que a algúns non lles saise a voz, a outros a tós traizooulles... falar diante dun micro non é nada fácil pero é unha grandísima experiencia.

MOITAS GRAZAS TONI E AOS OÍNTES POR ESCOITARNOS.

Déixovos un resume en fotos da sesión, máis abaixo podedes escoitar o programa:

 


  • Ano: 2019-02-13T16:20
  • Length: 3:20 minutes (3.06 MB)
  • Formato: MP3 Stereo 44kHz 128Kbps (CBR)


audio | by Dr. Radut