Skip to Content

Mirón

Imaxe de viqui

QUE BEN O PASAMOS NO ENTROIDO!!!!!!!!

   Este ano celebramos un Entroido dos de sempre; recuperamos as tradicións das que disfrutaban os nosos avós.

   Festexamos o xoves de compadres no que mandaban os homes e o de comadres, no que as xefas eran as mulleres. Cada un no seu día fixo o seu lardeiro con papel de periodico e o tiña que esconder polo patio... o outro bando, procuraba atopalo e rompelo tendo coidado coa choiva de fariña que lle viña enriba.

   Disfrutamos da visita virtual do Meco que cada día nos daba uns mandadiños para que rompesemos a cabeza. Ao final mandounos ir celebrar a festa todos xuntos, na que non faltou de nada: actuacións, bo humor, bailes, xogos e larpeiradas.  

   Rematamos celebrando unha festa na nosa escola, na que cada un podíase disfrazar do que quixese e como non chorando!... no enterro da nosa sardiña jejeje

   Ata o ano que ven!!!

Imaxe de viqui

KALANDRAKA EN REGA

   Tedes na galería de fotos a reportaxe do día que fomos pasar a Rega a finales de xaneiro, no que viñeron da editorial Kalandraka contarnos unha chea de contos. Un día máis para pasalo ben e compartir xogos cos nenos de Berdillo e de Rega.

Imaxe de viqui

ACTUACIÓN DE NADAL

   Con un pouquiño de retraso, aquí tedes a actuación de Nadal 2009 da nosa escola.

   Nada menos que en inglés! representamos a obra "the wolf is coming" que nos ensinou a profe Luz e para a que a profe Begoña elaborou uns estupendos disfraces.

    Despois cantamos a panxoliña "Buscando unha estrela" e recibimos a visita dos Reis Magos e de Papa Noel. Como sempre pasámolo FENOMENAL! grazas a todos os que estivestedes alí para acompañarnos e aplaudirnos e os que non poidestedes estar desfrutade dos increibles artistas que tedes na casa.

Imaxe de viqui

VEN CONTARNOS UN CONTO!

   Aos nenos e nenas de Mirón encántanos escoitar contos, sobre todo se ven alguén da nosa familia a contalos.

   A mamá de Nerea, Montse, veunos contar ala por decembro "un muñeco de nieve". Gustounos moito o conto e todos o pasamos moi ben.

   Aquí tedes a foto que o demostra e que esperamos anime a todos a vir algún día contarnos un conto. ¡Estaremos encantados!

Imaxe de viqui

EXCURSIÓN AO CAMPO DE GOLF "O GOLPE"

   

    Despois de darlle moitas voltas por mor da choiva, o xoves 19 de novembro fomos divertirnos e aprender ao aire libre no campo de golf "O Golpe".

    Alí recorrimos un sendero botánico no que coñecimos moitas árbores e as súas características. Vimos pereiras, maciñeiras, nogais, figueiras, limoeiros, tilos, piñeiros... e de todos recollimos unha folla para facer un libriño.

    Despois estibemos a recorrer o sendeiro ornitolóxico ¡Como nos gustou! Había pombas de moitas clases, un galo coas galiñas, agapornis, gorrions de Java, perdices, patos, ocas e ata pavos reais e un cisne precioso. Tamén había un presumido faisán con dúas femias do que nos contaron unha historia que non nos gustou nada.

    Cando rematamos os recorridos fomos xogar ao tenis e despois a merendar e descansar un pouco.

    Coas pilas xa cargadas fomos probar o apaisoante mundo do golf. Primeiro tentamos a meter a pelota no buratiño e despois a mandala ben lonxe. Uns auténticos profesionais!!!!

    E xa para rematar o día: Tiro con arco, UNHA PASADA!

Podedes ver as probas de isto na galería de fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut