Responder ó comentario
DÍA DA MULLER
Ademais, esta semana tamén celebramos o Día Internacional da Muller Traballadora. Falamos, así, das mulleres en xeral e das mulleres importantes da nosa vida. Falamos tamén dos traballos que poden desempeñar, desterrando estereotipos, e das cousas importantes que poden facer, ao igual que os homes. Así, fixemos fincapé na importancia da igualdade entre homes e mulleres, aínda que esta é unha cuestión que sempre temos presente.
E xa que estamos a traballar sobre os animais salvaxes, descubrimos a Jane Goodall, unha muller primatóloga, antropóloga e mensaxeira da paz da ONU inglesa, amante e defensora dos animais. Así, pois, vimos imaxes e vídeos de Jane xunto cos chimpacés, animais aos que dedicou (e dedica) toda a súa vida: como os coida e axuda a curalos se están enfermos, como os observa, como se integra no seu hábitat e os respecta... Quedamos todos abraidos cando vimos como os animais lle respondían co mesmo amor que ela lles da. Finalmente, elaboramos un mural coas letras do nome desta muller e con algunha fotografía que nos recorde sempre o fermoso que é o amor e o respecto polos animais.
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 14 semanas