O venres 23 de marzo como colofón ao Proxecto de Educación Responsable celebramos nas escolas de Berdillo, Rega, Sísamo e Xoane unha xornada festiva, na que traballamos as emocións e a creatividade con tódolos alumnos e alumnas, tendo como temática de fondo "as mulleres de conto".
Un curso mais o CRA Ponte da Pedra ven desenvolvendo o proxecto de Educación Responsable, no que pretendemos traballar a educación emocional cos nosos/as alumnos/as. Como colofón ao traballo que vimos realizando cos alumno, o vindeiro venres 23 de marzo celebraremos unha xornada especial o “Día Emocionante”. Xuntarémonos en diferentes escolas segundo as diferentes adscricións das nosas escolas, polo que agradecendo de antemán colaboración familiar, vos pedimos que levedes: Os nenos e nenas de Artes e Berdillo para a Escola de Berdillo: Os nenos e nenas de Mirón e Rega para a Escola de Rega Os nenos e nenas de Infantil de Cances, Sísamo e Xoane para a Escola de Sísamo Os nenos e nenas de Primaria de Cances, Sísamo e Xoane para a Escola de Xoane. * O horario do Día Emocionante do venres 23 de marzo será de 9h. a 14h. * As escolas prepararan a merendas polo que non hai que traer mochila. Así mesmo lembrar que as vacacións de Semana Santa serán do 26 de marzo ata o 2 de abril, comezando as clases o día 3 de abril.
Uns días antes do festival de Nadal, o "Coro das emocións" fixo unha encomenda especial: visitar Residencia de Maiores de Carballo no que actuou en primicia co co seu baile "En estas navidades quiero bailar" e agasallalos con dúas cancións de Nadal:"Rodolfo, el reno" e "Buscando unha estrela".
Para achegarnos ao lugar da actuación, fomos dando un fermoso paseo no que nos acompañaron o profe Jesús e a profe María, ademais da axuda de Protección Civil de Carballo que velaron porque o transcurso da camiñata fose segura.
A experiencia foi moi enriquecedora, compartimos ilusión e ledicia cos nosos maiores e na que nos recibiron con moito agarimo.
Moitas grazas ao xeriátrico por tan boa acollida!!
No seguinte adxunto hai un pequeno resumo do que foi a actividade.
COMENTARIOS
hai 3 anos 29 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 4 anos 36 semanas
hai 6 anos 14 semanas