Proxectos e Conmemoracións

INARA, XOGOS DE MESA

Inara, a nai de Xoel presentoulles ós nenos e nenas de primeiro unha sesión de xogos en equipo. Fixeron construccións,xogaron ó lince, ó memori... e fixeron medallas do "máis xogón". Foi unha xornada na que traballaron a cooperación, a paciencia, as quendas... Foron todos uns grandes xogadores e xogadoras.

GLOSARIO DO MAR

Este ano somos expertos e expertas na temática do mar! 

Entre todas as aulas, fixemos un "GLOSARIO DO MAR".

Un "glosario" é un catálogo ou lista de palabras sobre un tema de investigación.

Repartidas as letras entre todas, investigamos que palabras queríamos poñer

e  fixemos unha ficha na que aparece:

nome, definición e debuxo ilustrativo.

Tamén creamos as letras con diferentes materiais, técnicas e creatividade.

Podedes ver o noso traballo, nesta presentación.

 
Adxuntamos  tamén un modelo en formato PDF
 
Esperamos que vos guste é un traballo conxunto feito con moita ilusión!
 

SEMANA DA PRENSA

Para Conmemorar a Semana da Prensa no mes de marzo, no C.R.A. traballamos o xornal.

Aquí tedes un vídeo coas actividades e propostas desa semana dos nenos e nenas de infantil e primaria.

 

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO.

No CRA celebramos o día de Rosalía de Castro en todas as escolas.

Ollade o vídeo para saber máis!

DÍA DE ROSALÍA. CRA DE NARÓN

VISITA DE 1º E 2º DE EP A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN

O alumnado de 1º e 2º de EP acudiron a dúas  das bibliotecas que ten o noso Concello, situadas no local da Mocidade e na propia Biblioteca Municipal. No primeiro dos lugares coñeceron a sala de informática e a zona de libros e xogos de mesa, no cal gozaron con distintos xogos. No segundo dos edificios lles explicaron como se clasifican os libros, como é o sistema de préstamo e leeronlles dous contos para finalmente  por parellas ollear os contos que desexaron.

 

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

BARQUIÑOS DE PAPEL

 

Cando recibimos a carta de Bufiña, entusiasmounos saber sobre o mar e as viaxes en barco, así que decidimos facer o noso propio barquiño de papel.

1.- pintamos o papel con ceras

2.- dobramos o papel seguindo os pasos


3.- puxemos o noso barco a nevegar

 

CÓMIC- 5º INFANTIL-VAL

No terceiro trimestre empregamos o  Cómic como recurso para traballar a resolución de conflitos.

Lemos cómics, vimos as súas partes( tipos de bocadillos ou globos, onomatopeias e viñetas).

Partimos dos distintos tipos de bocadillos con emocións, estados de ánimo e accións negativas ou positivas.

 E entre tod@s decidimos que conflitos queremos representar nas esceas das nosas viñetas.

Pasámolo xenial, aprendimos moitas cousas e enganchámonos os cómics...

polo que decidimos retomar este tipo de texto para o vindeiro curso.

Aquí tedes o resultado, esperamos que vos guste tanto como a nós!

 

CONTINUARÁ...

 

Poesía con sentimento

Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.

Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras. 

Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o  poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book. 

Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.

 Poesía con sentimento

Distribuir contido