Proxectos e Actividades

INICIAMOS UNHA NOVA AVENTURA!

Nos últimos días pasounos algo moi especial. Chegou á escola unha carta de Bufiña contándonos que ten uns amigos que están de viaxe polo espazo. Animounos a escribirlle unha carta para invitalos ao cole para que nos conten máis sobre as súas andanzas.

E hoxe...sorpresa! os amigos chegaron con Pedro, un policía local. Explicounos que os atoparon uns veciños e que estaban perdidos e algo confusos. Menos mal que Pedro viu o colar de Bufiña que traían no pescozo, e como sabe que Bufi vive na nosa escola, decidiu traelos para xunto dela.

Agora, temos que investigar sobre o universo, para ver se así, os nosos novos amigos son quen de lembrar o que estiveron facendo por alí arriba.

 

 

 

COCIÑAMOS PIZZA!

As nenas e nenos de infantil convertémonos en pizzeros por un día.

Os maiores de 6º de infantil, fixeron a lista da compra con todo o necesario. Despois, foron a mercar á cooperativa, e cando volveron puxémonos mans á obra,

Cando chegaron, fixemos dous grupos con nenos e nenas e todas as idades e así axudarnos os uns aos outros. Amasamos a fariña e cortamos o xamón e o queixo. A continuación, montamos as pizzas: estendimos o tomate sobre a base e engadimos o queixo e o xamón. Cando xa estaban listas foron ao forno, e o cabo duns minutos puidemos comelas, estaban boísimas!

Pasamos unha mañá estupenda!

 

XOGOS EN FAMILIA

Cristina, a nai de Sara, acompañou aos nenos e nenas de 5º de ei en outra xornada de xogos en familia. Neste día gozaron con Antón Zampón, Operación e speed cups. Atención, concentración, motricidade... pasárono xenial.

PASO A PRIMARIA : VISITA A 1º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º de Ei visitaron a aula de 1º de primaria para resolver unhas dúbidas que tiñan sobre a nova etapa que comezarán en setembro : hai libros? hai xogos? fan papiroflexia?.... Os nenos/as de 1º resolveron todas as súas dúbidas, ensináronlle a clase e depois tiveron unha xornada conxunta de xogos. Para rematar entregáronlles unha variñas máxicas xa que están totalmente preparados/as para ir para primaria.

                 

       

                   

               

CARMEN E ALFONSO: HÁBITOS SAÚDABLES CON NORA, A NÉCORA ENFERMEIRA

Carmen e Alfonso, a nai e o pai de Óliver, viñeron a explicar ó alumndo de educación infantil hábitos saudables a través do conto de Nora, a nécora enfermeira. Nesta presentación podedes gozar co resultado desta actividade.

 

APRENDENDEMOS COA FROITA: CLASIFICAMOS , PREPARAMOS E DEGUSTAMOS

Na nosa nova bandexa fixemos unha actividade con froita. Realizamos varias clasificacións: por tipo de froita, por pares iguais, por pares diferentes, etc. Despois preparámola pelando as mandarinas , cortando os plátanos en rodaxas cós novos coitelos adaptados aos nenos/as e tamén preparamos a mazá, peladillo, pera...  Para depois todos xuntos/as degustalas.

Se san e forte queres medrar, moita froita deberás de tomar!!!!!

BOTIQUÍN DA REGULACIÓN EMOCIONAL

O alumnado de 6º de educación infantil , a través do conto "El monstruo de colores, doctor de emociones" de Anna Llenas, traballou as emocións durante este curso e creou o seu propio botiquín das emocións para coñecelas e saber xestionalas. Preme na imaxe e mira o vídeo sobre esta actividade.

LIMOADA E LARANXADA

Grazas limóns e laranxas sobrantes dos nosos maios, os nenos e nenas fixeron e degustaron limoada e laranxada.

OBRADOIROS DE PRIMAVERA

Preme na imaxe e disfruta das imaxes

XOGOS EN FAMILIA-VAL

En 4º de EI, tivemos outra xornada de xogos en familia. Viñeron Ángela , a nai de Teo, Cristina, a nai de Juan e María e Carlos, a nai e o pai de Matteo . Con todos eles e elas os nenos e nenas gozaron xogando a "No asustes a la gallina", "piranha go" e "Pallina"

Distribuir contido