Proxectos

TEATRO: UN PEZ EN MI CORAZÓN

No marco da Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil organizada polo Concello de Narón, acudimos ao auditorio á obra "Un pez en mi corazón" da compañía basca Mar a Mar Teatro. A superación de medos co mar como contexto, foi o fío conductor, ambos aspectos relacionados co traballo das últimas semanas no CRA.

Inclúense no Programa Emocióna-T e no Plan de Benestar que desenvolvemos no presente curso.

ARTE E LIXO: XERME DO SIMBOLISMO NA ESCOLA DE SEDES

 

Despois de ter recollido o lixo no areal da Frouxeira, e unha vez xa limpo e seleccionado, observamos a obra de @retoqueretro_ , que vos animo a coñecer.

A impresión foi tal, que decidimos facer nos tamén as nosas propias obras. A creación foi completa por parte do grupo. Pensalos, coordinarse, desbotar propostas e integrar as nova. Un incrible traballo en equipo que deu os marabillosos froitos que vedes a continuación. 

Arte efímera en toda regla.

BARQUIÑOS DE PAPEL

 

Cando recibimos a carta de Bufiña, entusiasmounos saber sobre o mar e as viaxes en barco, así que decidimos facer o noso propio barquiño de papel.

1.- pintamos o papel con ceras

2.- dobramos o papel seguindo os pasos


3.- puxemos o noso barco a nevegar

 

Receitas con castañas para un Magosto diferente

Aqui tendes as vosas receitas con castañas para o Magosto...que boa pinta!!!

 


E se queredes descargar o libro completo, pinchade aqui
Moitas grazas a todas as familias polo seu traballo, tempo e dedicación neste proxecto.

Plan de Froita Fresca

 

O noso centro participa por 3º ano consecutivo no Programa Froita Fresca nas Escolas, dentro do Plan Aliméntate Ben, en colaboración coa Xunta de Galicia, promovido pola Unión Europea, e financiado polo FOGGA.

Día do Libro. 23 de abril.

Participamos na campaña marcapáxinas solidarios, da ONG SAVE THE CHILDREN. Os nenos decoraron os marcapáxinas, recortáronos e leváronos á casa, ofrecéndoos aos familiares para que poideran contribuír libremente a esta campaña solidaria.

Imaxe

Distribuir contido