Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

FESTIVAL FIN DE CURSO

Chegamos ó final do curso... como todos os anos con moita emoción, sorrisos e bágoas!

Nos nosos corazóns quedan os recordos!

Felices vacacións para todos e todas e os que marchan....boa sorte e que sexades moi felices,

Xa formades todos e todas parte da historia do noso C.R.A!

Bicos de xeado.

 

 

COCIÑAMOS PIZZA!

As nenas e nenos de infantil convertémonos en pizzeros por un día.

Os maiores de 6º de infantil, fixeron a lista da compra con todo o necesario. Despois, foron a mercar á cooperativa, e cando volveron puxémonos mans á obra,

Cando chegaron, fixemos dous grupos con nenos e nenas e todas as idades e así axudarnos os uns aos outros. Amasamos a fariña e cortamos o xamón e o queixo. A continuación, montamos as pizzas: estendimos o tomate sobre a base e engadimos o queixo e o xamón. Cando xa estaban listas foron ao forno, e o cabo duns minutos puidemos comelas, estaban boísimas!

Pasamos unha mañá estupenda!

 

Aniversaios de xuño e de verán

Este mes celebramos ven cargado de celebracións.

O cumple de Mai, da aula de 4º de infantil.
 O cumple de Martina, de 5º de infantil.

Os últimos días de clase, celebramos tamén, os aniversarios dos meses de xullo e agosto.

Na aula de 6º de infatil, Toni, Emma e Ángel.

Na aula de 5º de infatil, Aldara, Joshua e Candela.

E na aula de 4º de infantil Natalia e Oliver.

 

XOGOS EN FAMILIA

Cristina, a nai de Sara, acompañou aos nenos e nenas de 5º de ei en outra xornada de xogos en familia. Neste día gozaron con Antón Zampón, Operación e speed cups. Atención, concentración, motricidade... pasárono xenial.

ÚLTIMOS XOGOS EN FAMILIA 4º EI

 Na aula de 4º de Infantil gozamos coa última visita das familias deste curso, dentro da actividade de xogos en familia.

Nesta ocasión contamos con Sofía, a nai de Thiago, e Carmen e Alfonso, os pais de Oliver.

Troxeron uns xogos moi divertidos e pasamos un tempo moi bo con eles.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa disposición. O próximo curso máis e mellor!

PASO A PRIMARIA : VISITA A 1º DE PRIMARIA

Os nenos e nenas de 6º de Ei visitaron a aula de 1º de primaria para resolver unhas dúbidas que tiñan sobre a nova etapa que comezarán en setembro : hai libros? hai xogos? fan papiroflexia?.... Os nenos/as de 1º resolveron todas as súas dúbidas, ensináronlle a clase e depois tiveron unha xornada conxunta de xogos. Para rematar entregáronlles unha variñas máxicas xa que están totalmente preparados/as para ir para primaria.

                 

       

                   

               

ANIVERSARIO DE JUAN E MARTINA

No mes de maio celebremos o aniversario de Juan e Martina, xa teñen catro años!!!

Parabéns parruliños, desexámosvos moita felicidade!

 

CARMEN E ALFONSO: HÁBITOS SAÚDABLES CON NORA, A NÉCORA ENFERMEIRA

Carmen e Alfonso, a nai e o pai de Óliver, viñeron a explicar ó alumndo de educación infantil hábitos saudables a través do conto de Nora, a nécora enfermeira. Nesta presentación podedes gozar co resultado desta actividade.

 

XOGOS DE MESA-FAMILIA LIAM

Hoxe tivemos a sorte de contar coa familia de Liam para xogar connosco: Rocío e Álvaro.

Xogamos a xogos cooperativos como " o pillado" e "little market" ,

 nos que a colaboración do equipo é fundamental para alcanzar as metas e retos plantexados e

un xogo de cartas, "dino draff":xogo de memoria e estratexia

 o máis chuli....son cartas de dinosaurios!!!

Moitas grazas por ensínarnos a xogar a todos eles e pasar un rato tan entretido!

APRENDENDEMOS COA FROITA: CLASIFICAMOS , PREPARAMOS E DEGUSTAMOS

Na nosa nova bandexa fixemos unha actividade con froita. Realizamos varias clasificacións: por tipo de froita, por pares iguais, por pares diferentes, etc. Despois preparámola pelando as mandarinas , cortando os plátanos en rodaxas cós novos coitelos adaptados aos nenos/as e tamén preparamos a mazá, peladillo, pera...  Para depois todos xuntos/as degustalas.

Se san e forte queres medrar, moita froita deberás de tomar!!!!!

Distribuir contido