Primaria
ESCAPE ROOM
Patricia , a nai de Laura , e Tamara, a nai de Xiana, crearon un escape room que os/as nenos/as de tercero de primaria tiveron que superar en equipos. Pasárono xenial!!!
VOLTA NUNHA ALFOMBRA
Todo o grupo-clase tivo que traballar en equipo para conseguir dar a volta a alfombra sen sair ningún dela, con isto traballaron a importancia de poñerse dacordo para lograr un obxectivo común.
A IMPORTANCIA DE SENTIRSE VALORADO
Nesta actividade plantexóuselle o alumnado descubrir dentro caixa a persoa máis especial da aula, a súa sorpresa foi que todos/as son únicos e especiais e a importancia do benestar emocional por sentirse valorados/as.
XVI MARCHA CICLISTA ESCOLAR DE NARÓN
O alumnado, familias e profesorado de 3º e 4º de primaria participou na XVI marcha ciclista escolar de Narón, gozando dun día de deporte en bicicleta co resto dos centros do Concello. No paseo de Xubia aparcaron a súas bicis, descansaron e recibiron a auga e o pan aportado polo Concello e despois coñeceron os vehículos de emerxencias : ambulancias, bombeiros, policia local, nacional... etc. Foi unha xornada especial. Moitas grazas ós pais e nais que participaron acompañando ós nenos/as e profes , a nosa ANPA pola axuda e pola nova pancarta para saber onde había que aparcar as bicis e Concello por organizar toda a actividade.
INARA, XOGOS DE MESA
Inara, a nai de Xoel presentoulles ós nenos e nenas de primeiro unha sesión de xogos en equipo. Fixeron construccións,xogaron ó lince, ó memori... e fixeron medallas do "máis xogón". Foi unha xornada na que traballaron a cooperación, a paciencia, as quendas... Foron todos uns grandes xogadores e xogadoras.
ADORNOS DE CASCOS E PATINETES: EDUCACIÓN VIAL DO CONCELLO DE NARÓN
O alumnado de 1º e 2º realizou un obradoiro de educación vial do Concello de adorno de cascos e patinetes. Pasárono xenial !!
DIEGO E FÁTIMA EN 1º DE EP: O OFICIO DE POLICIA E SESIÓN DE EDUCACIÓN VIAL
Diego e Fátima, o pai e nai de Vega, acompañaron ao alumnado de 1º ep durante unha sesión. Diego explicou os tres tipos de policías que hai en Galicia e as súas funcións. Despois con Fátima fixeron unhas actividades de educación vial e como actuar se se perden . Finalmente tiveron que realizar unhas probas físicas para comprobar que, efectivamente, todos e todas serían estupendos policías, co que todos/as recibiron a súa respectiva placa. Ademáis como agasallo, déronlles un lápiz e un libro dos "Bolechas".
O HORTO
Azucena, a nai de Paloma, Laura , a nai de Ramón e Tamara , a nai de Vera, fixeron co alumnado de 1º de primaria un horto. Con unha cenoria, un brócoli e un tomate de goma eva , que adornaron con ollos, boca.. Despois contáronnos unha historia e fixeron unha tartaruga. Como borche final trouxeron unha leituga de agasallo para cada neno/a para levar e plantar na casa.