Sedes

Escola de Sedes

A unitaria de Sedes tén dúas plantas: a superior utilízase para as actividades de E. Infantil, a inferior como aula de usos múltiples.

 

A INCLUSIÓN NOS XOGOS DE TABOLEIRO

Os xogos de tabolerio son un dos mellores recursos para a inclusión. Dentro do programa Inclúe-T contamos con gran variedade deles, atendendo ás diferentes capacidades a potenciar.

Neste caso presentamos TimesUp, un xogo para adquirir vocabulario variado e explicar mediante mímica e palabras. Non nos pode gustar máis!!

DÍA DA SAÚDE: MIÑA SAÚDE, MEU DEREITO

Para este día da saúde aunamos arte e comida e fixemos o noso mural de comida variada e equilibrada, dentro do programa Edu-Saúde.

Grazas a esta actividade tivemos, de novo, a oportunidade de reflexionar sobre a alimentación, os alimentos e sobre o lema deste ano da OMS: MIÑA SAÚDE , MEU DEREITO.

E así de bonito nos quedou o noso mural

 

 

FIN DE TRIMESTRE

E para rematar o trimestre, unha busca do tesouro das que tanto nos gustan. 

Fixemos todas as probas, disfrazarnos, saltar e correr, cantar, e pintar para conseguir as pistas do escondite. 

Pero desta vez, fíxonos correr, porque o escondite estaba... nos Castros!!! Que pillabán!

TEXTO INFORMATIVO: A NOTICIA

Neste mes aproveitando a Semana da Prensa, na Escola de Sedes traballamos as características do Texto Informativo centrándonos na noticia, como parte da adquisición do proceso da lecto-escritura. Para que serven, en que partes se dividen, como nos explican o sucedido, como é a linguaxe ou que elementos ten que ter para que a comprendamos mellor. 

Como paso inicial exploramos o xornal cos sentidos

Ademais reflexionamos onde podemos ler, ver, escoitar noticias alén do xornal e que tipos de xornal hai en función do formato ou das noticias que conteñen. 

Por outra banda dentro do propio xornal diferenciamos as seccións e que significan todos os nomes, letras e números que atopamos.

 E con toda esta aprendizaxe xa fomos quen de facer a nosa propia portada de xornal.

CALDO DE GLORIA DE ROSALÍA, O NATURAL FRONTE AO ULTRAPROCESADO

Conmemoramos o Día de Rosalía coas familias elaborando un "Caldo de Gloria" inspiradas no poema Miña casiña , meu lar. Para isto clasificamos os ingredientes da receita, identificando as verduras, os tubérculos,os legumes e as carnes e falando das súas propiedades.

Reflexionamos sobre a importancia de comer variado e productos naturais e non os ultraprocesados e industriais en beneficio da nosa saúde.

Xa por último seguimos os pasos para elaborar o caldiño que pola tarde compartimos coas familias na Escola de Sedes.

RECICLAR TAMÉN É PARA O ENTROIDO

E coma xa ven sendo costume no CRA, sempre empregamos material de refugallo para os nosos disfraces e complementos, tanto do que temos na aula como aportado polas familias. 

Grazas de novo familias, sempre tan dispostas a colaborar!

ENTROIDADAS I

Chega o Entroido e as nosas roupas mudan, os nosos sorrisos multiplícanse e todo cobra outro sentido. 

Mandados do Meco, xogos de pistas, disfraces e bailes, marcaron a nosa semana máis argalleira.

ESPAZOS CON IDENTIDADE

Neste trimestre comezamos cun novo espazo na aula. Aproveitando a temática do mar introducimos unha nova metodoloxía como son as Instalacións de Xogo. Espazos que contan con vida propia, nos que, cada día, aínda cos mesmos elementos, transfórmanse en vivencias diferentes, sempre dependentes de quen as explora. 

Estes espazos nacen co propósito de ser vividos desde múltiples experiencias e esta primeira semana estanos a ensinar que así vai ser.

25N: CONTRA A VIOLENCIA, VERBAS DE CORAZÓN

Este 25 de Novembro amosamos aos nenos e nenas do CRA algunhas das consecuencias da violencia de xénero, como a tristeza, a través do conto Artur e Clementina de Adela Turín de Ed Kalandraka.

Despois cada quen creou a súa propia tartaruga cunha palabra que garadaría sempre no corazón para combater así a tristeza.

Quedaron todas moi bonitas.

 

 

Distribuir contido