Domirón, Aniversarios, Conmemoracións, Festas, Saídas

XOGOS EN FAMILIA

E coa visita de Rebe, mamá de Alán, rematamos as sesións de xogos en familia na aula de 3 anos.

Desta vez xogaron todos xuntos a dous divertidísimos xogos, comezaron con "Tras la pista del perezoso" e para rematar o fixeron  "A paso ganso".   Graciñas, o pasaron xenial!

 

DESFRUTANDO DA PRIMAVERA

 Aproveitando as flores que nos sobraron dos maios desfrutamos dunha gran experiencia onde os sentidos se activaron ao máximo. Tocando, ulindo, mesturando, triturando, observando, creando, pintando... foi como apreciamos a riqueza que nos aporta a natureza na primavera.  

 

 

 

 

 

ANIVERSARIOS MAIO

Parabéns Sofía e Pablo polo voso aniversario!

Desexámosvos os mellores dos desexos e que teñades un ano cheíño de ledicia, cariño e moita diversión!

 

MAIOS

Ano tras ano, e para continuar coa tradición, as nenas e nenos de cada aula crearon o seu propio maio, decorándoo coas flores, plantas e demais obxectos que foron facilitados polas familias como ovos, laranxas, limóns etc.

XOGOS EN FAMILIA

Última sesión de xogos en familia do curso!

Grazas á familia de Farah por acompañarnos nesta xornada e facela tan divertida e amena.

Fátima (nai), Ángeles (avoa) e Isma (tío), trouxéronnos xogos unha ranita de equilibrios, circuitos cooperativos, puntería con ras, un tetris e unha jenga.

XOGOS EN FAMILIA

Novos xogos en familia na aula de 5º de infantil!

Esta vez visitáronnos Rebeca, nai de Hades, e Lorena, nai de Daniela. Trouxeron xogos como o Pintureka, Pincha al Pirata, Hungry Monster, un abecedarioo e un xogo de mesa.

 

Noutra xornada, tamén contamos coa visita de Linda, mamá de Bruno, e Óscar, pai de Xoel, con xogos como un memory da Patrulla Canina, Tosuo, Cabezón, El Uno (versión Cars), e o Tip Top Clap.

 

 

Unha xornada chea de xogos e aprendizaxe en familia!


ANIVERSARIOS DE ABRIL

Parabéns a todas as nosas pequenas e pequenos que cumpliron anos no mes de abril!

Desexámosvos unha moi feliz volta ao Sol e que todos os vosos desexos se fagan realidade.

AULA SENSORIAL: FONDO MARINO

Na nosa escoliña estamos de estreo!

Convertemos unha das aulas nunha aula sensorial sobre o fondo marino, na que poñer todos os sentidos a traballar.

Foron unhas xornadas moi divertidas onde as nenas e nenos gozaron e experimentaron cos diferentes materiais.


PREPARANDO O HORTO

Onte veu Daniel, o papá de Martín, para axudarnos a preparar e inaugurar o noso hortiño.

As nenas e nenos da escola foron por grupiños a plantaron fresas, patacas, calabacíns, berzas e pementos.

Unha mañá chea de conexión coa natureza e co grupo!

 

Moitas grazas, Daniel!

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Na escola de Domirón estivemos reflexionando sobre os dereitos que temos para gozar dunha boa saúde, seguindo o lema deste ano. Se premes na seguinte imaxe podedes ver as actividades que fixemos para conmemorar esta data. 

 

Distribuir contido