O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

XOGOS EN FAMILIA

Para rematar as publicacións deste curso, queda un recordo moi especial!

O vídeo dos xogos en familia!

Aproveitamos dende aquí para darvos as grazas pola vosa colaboración e axuda neste curso 2023-24. 

Vémonos en setembro, feliz verán para todas!

 

 

FESTIVAL FIN DE CURSO

Chegamos ó final do curso... como todos os anos con moita emoción, sorrisos e bágoas!

Nos nosos corazóns quedan os recordos!

Felices vacacións para todos e todas e os que marchan....boa sorte e que sexades moi felices,

Xa formades todos e todas parte da historia do noso C.R.A!

Bicos de xeado.

 

 

COCIÑAMOS PIZZA!

As nenas e nenos de infantil convertémonos en pizzeros por un día.

Os maiores de 6º de infantil, fixeron a lista da compra con todo o necesario. Despois, foron a mercar á cooperativa, e cando volveron puxémonos mans á obra,

Cando chegaron, fixemos dous grupos con nenos e nenas e todas as idades e así axudarnos os uns aos outros. Amasamos a fariña e cortamos o xamón e o queixo. A continuación, montamos as pizzas: estendimos o tomate sobre a base e engadimos o queixo e o xamón. Cando xa estaban listas foron ao forno, e o cabo duns minutos puidemos comelas, estaban boísimas!

Pasamos unha mañá estupenda!

 

Aniversaios de xuño e de verán

Este mes celebramos ven cargado de celebracións.

O cumple de Mai, da aula de 4º de infantil.
 O cumple de Martina, de 5º de infantil.

Os últimos días de clase, celebramos tamén, os aniversarios dos meses de xullo e agosto.

Na aula de 6º de infatil, Toni, Emma e Ángel.

Na aula de 5º de infatil, Aldara, Joshua e Candela.

E na aula de 4º de infantil Natalia e Oliver.

 

ESCAPE ROOM

Patricia , a nai de Laura , e Tamara, a nai de Xiana, crearon un escape room que os/as nenos/as de tercero de primaria tiveron que superar en equipos. Pasárono xenial!!!

VOLTA NUNHA ALFOMBRA

Todo o grupo-clase tivo que traballar en equipo para conseguir dar a volta a alfombra sen sair ningún dela, con isto traballaron a importancia de poñerse dacordo para lograr un obxectivo común.

                                                                     

A IMPORTANCIA DE SENTIRSE VALORADO

                                                               

Nesta actividade plantexóuselle o alumnado descubrir dentro caixa a persoa máis especial da aula, a súa sorpresa foi que todos/as son únicos e especiais e a importancia do benestar emocional por sentirse valorados/as.

Distribuir contido