Escolares, Complementarias, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Ed. física, Ed. infantil, Idioma estranxeiro

Dia do Libro

Este ano, polo día do Libro a proposta foi recrear unha portada dun conto ou libro, este foi o resultado.

 

 

 Esperamos que vos guste, e grazas pola boa acollida e gran participación da proposta.

saúdos.

Cómo podemos contactar co mestre de EF.

Se tendes algunha dúbida ou queredes máis xogos, ou para calquer outro tema que xurda, podedes contactar a través da Aula Virtual do Centro, enviandome unha mesaxe. Ou ao meu correo cesar.vinas@edu.xunta.es.

Aula Virtual

TRABALLOS PARA ESTOS DÍAS.

Estimadas familias:

Recordade que os materiais, traballos, actividades que imos subindo poden aparecer en diferentes partes desta web ou na aula virtual, aqui tendes enlaces para que sexa máis doado poder atopalos:

Aula Virtual

Primaria

Actividades Infantil e Primaria.

Educación Física.

Educación Artística

Lingua Extranxeira: Inglés

Relixión

COCIÑAMOS PIZZA!

As nenas e nenos de infantil convertémonos en pizzeros por un día.

Os maiores de 6º de infantil, fixeron a lista da compra con todo o necesario. Despois, foron a mercar á cooperativa, e cando volveron puxémonos mans á obra,

Cando chegaron, fixemos dous grupos con nenos e nenas e todas as idades e así axudarnos os uns aos outros. Amasamos a fariña e cortamos o xamón e o queixo. A continuación, montamos as pizzas: estendimos o tomate sobre a base e engadimos o queixo e o xamón. Cando xa estaban listas foron ao forno, e o cabo duns minutos puidemos comelas, estaban boísimas!

Pasamos unha mañá estupenda!

 

ÚLTIMOS XOGOS EN FAMILIA 4º EI

 Na aula de 4º de Infantil gozamos coa última visita das familias deste curso, dentro da actividade de xogos en familia.

Nesta ocasión contamos con Sofía, a nai de Thiago, e Carmen e Alfonso, os pais de Oliver.

Troxeron uns xogos moi divertidos e pasamos un tempo moi bo con eles.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa disposición. O próximo curso máis e mellor!

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

LIMPAMOS O AREAL DA FROUXEIRA

 

Dentro do Proxecto Global que levamos adiante no CRA sobre o mar, decidimos ir limpar á praia da Frouxeira, como medio para concienciar sobre a importancia de coidar o noso medio, un paso necesario para coidar o medio mariño e todo o que este abrangue.

Tivemos un clima estupendo e foi unha bonita primeira saída na que partipamos todo o CRA. 
Limpamos, observamos espazos que non coñeciamos da nosa contorna como as casiñas de avistamento de aves da Lagoa ou as zonas protexidas para a reproducción da Píllara, merendamos e xogamos.

O CRA NO CAMIÑO INGLÉS

Todo o centro, fixemos un tramo do camiño inglés dentro do Plan Proxecta Vexo Veo Xacobeo:" O CRA no camiño".

En concreto fomos ata o albergue de peregrinos, xa no Concello de Neda. Alí recibíronnos as concelleiras de Neda, Angeles Puentes e Marián Bello que fixeron de guías para os nosos nenos e nenas;  dende aquí queremos dar as grazas ao Concello de Neda pola súa amabilidade e trato dende que nos puxemos en contacto con eles para que nos abrisen as portas do Albergue Municipal.

Unha vez visitado o albergue merendamos todos xuntos e tivemos un tempo de xogo para que os nenos e nenas das diferentes escolas tivesen oportunidade de convivir e interactuar entre eles. A continuación van unhas fotos deste día. Bo Camiño!!!!

     

Buzón da amizade

O noso amigo,o esquelete Samuel, visitounos de novo e  deunos unha sorpresa. Trouxonos unha carta e este agasallo que nun principio non sabíamos para que era. Despois de ler a carta que nos traía, xa o entendimos, explicounos como era a estructura dunha carta e deixounos este buzón da amizade para decoralo e facer uso del. 

Entre todos decidiron como decoralo, elixiron poñerlle corazóns e cada un fixo o seu e pegouno onde máis lle gustou. Unha vez feito xa estaban desexando estrenalo, así que, cada un escribiu unha carta ao seu amiguiño ou amiguiña e a meteron no buzón. Agora cada día o encargado ten unha nova tarefa que é repartir a correspondencia que chegou ao buzón ese día. 

Está sendo moi motivador, podedes ver a cantidade de cartas que ten o buzón!!

 

                                                 

   

Recreando emocións en 6º EI Domirón

               

 

                                               

Distribuir contido