Edu-saúde

FORMACIÓN EN PRIMEIROS AUXILIOS PARA TODO O ALUMNADO DO CRA DE NARÓN

O longo de varias sesións todo o alumnado do CRA de Narón recibiu unha formación en primeiros auxilios: o botiquín e como actúar ante unha ferida, o número que hai que chamar cando existe unha emerxencia 112, que facer en casos de atragantamento, de presenza de insectos. Aprenderon a realizar a maniobra de RCP, os máis pequenos aos seus bonecos e o alumnado máis maior , ós maniquís de prácticas.Preme na imaxe e desfruta do vídeo resumen

 

 

XVI MARCHA CICLISTA ESCOLAR DE NARÓN

O alumnado, familias e  profesorado de 3º e 4º de primaria participou na XVI marcha ciclista escolar de Narón, gozando dun día de deporte en bicicleta co resto dos centros do Concello. No paseo de Xubia aparcaron a súas bicis, descansaron e recibiron a auga e o pan aportado polo Concello  e despois coñeceron os vehículos de emerxencias : ambulancias, bombeiros, policia local, nacional... etc. Foi unha xornada especial. Moitas grazas ós pais e nais que participaron acompañando ós nenos/as e profes ,   a nosa ANPA pola axuda e  pola nova pancarta para saber onde había que aparcar as bicis e Concello por organizar toda a actividade.

CARMEN E ALFONSO: HÁBITOS SAÚDABLES CON NORA, A NÉCORA ENFERMEIRA

Carmen e Alfonso, a nai e o pai de Óliver, viñeron a explicar ó alumndo de educación infantil hábitos saudables a través do conto de Nora, a nécora enfermeira. Nesta presentación podedes gozar co resultado desta actividade.

 

APRENDENDEMOS COA FROITA: CLASIFICAMOS , PREPARAMOS E DEGUSTAMOS

Na nosa nova bandexa fixemos unha actividade con froita. Realizamos varias clasificacións: por tipo de froita, por pares iguais, por pares diferentes, etc. Despois preparámola pelando as mandarinas , cortando os plátanos en rodaxas cós novos coitelos adaptados aos nenos/as e tamén preparamos a mazá, peladillo, pera...  Para depois todos xuntos/as degustalas.

Se san e forte queres medrar, moita froita deberás de tomar!!!!!

LIMOADA E LARANXADA

Grazas limóns e laranxas sobrantes dos nosos maios, os nenos e nenas fixeron e degustaron limoada e laranxada.

A SAÚDE BUCODENTAL- PREVENCIÓN E ACTUACIÓN

Noelia , a nai de Elsa de 4º de primaria, acudiu a escola para explicarnos que ela é dentista e a importancia da prevención para evitar problemas na boca como poden ser as caries, infeccións... Mediante unha presentación e un vídeo analizamos como tratar de evitar os problemas bucodentais, a importancia de lavar ben os dentes co cepillo, pasta e fío dental, así como as revisión períodicas ao dentista. Realizou dúas explicacións primeiro para a etapa de educación infantil e despoios para educación primaria.

Trouxo como agasallo un fío interdental para os nenos e nenas de infantil con formas de animais marinos e para primaria unhas pequenas mostras de pasta de dentes.Moitísimas grazas, Noelia!!!!

DÍA DA SAÚDE: MIÑA SAÚDE, MEU DEREITO

Para este día da saúde aunamos arte e comida e fixemos o noso mural de comida variada e equilibrada, dentro do programa Edu-Saúde.

Grazas a esta actividade tivemos, de novo, a oportunidade de reflexionar sobre a alimentación, os alimentos e sobre o lema deste ano da OMS: MIÑA SAÚDE , MEU DEREITO.

E así de bonito nos quedou o noso mural

 

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Na escola de Domirón estivemos reflexionando sobre os dereitos que temos para gozar dunha boa saúde, seguindo o lema deste ano. Se premes na seguinte imaxe podedes ver as actividades que fixemos para conmemorar esta data. 

 

Distribuir contido