24 DE FEBREIRO. DÍA DE ROSALÍA

O 24 de Febreiro conmemórase o Día de Rosalía de Castro, coincidindo coa data do seu nacemento.
Dende o Equipo de Normalización do centro chegou a proposta dun mural cunha palabra galega dalgún poema de Rosalía. 
A nós tocounos Fontiña, do poema Parece unha Rosa. Como nos gustou a palabra!, foi a excusa perfecta para dar un paseo ata a fontiña que temos ao lado do cole e desfrutar un pouco do sol que comeza a chegar.
Observamos a fonte e pensamos en que cousas podemos atopar ao redor das mesmas, ata vimos un Entroido!!! 
Aprendimos o verso da nosa palabra, decatámonos de como riman as palabras na poesía... en fín que Rosalía axudounos a traballar a reo.
Con todos os animais e prantas puxémonos mans á obra e neste video amosámosvos como nos quedou o mural. 
A canción que acompaña o video é un anaco de "Alborada" do Álbum "Rosalía pequeniña" de Uxía. Un álbum moi fermoso e recomendable de poemas de Rosalía musicados.