INFORMACIÓNS IMPORTANTES PARA ÁS FAMILIAS

SEGUNDA AVALIACIÓN.

 

A Consellería polo momento, mantén o calendario escolar, polo que a segunda avaliación levarase a cabo como estaba prevista.

Neste apartado é importante que teñades en conta os seguintes aspectos:

ü    Non serán avaliados os contidos tratados telematicamente.

ü    O referente da avaliación será o traballado ata o momento da suspensión das clases presenciais.

Tendo encontao anteriormente citado o día 3 de abril ás 17h. procederemosa entrega do boletín de notas. Debido ás circunstanciasespeciaisnasquenosatopamos,asfamiliaspoderánaccederásnotas coa aplicación AbalarMóbil daConselleríade Educación e Terán que ter descargada dita aplicación. Aquelasfamilias queaíndanonteñana aplicación, tedestodaainformación necesaria e os pasos a dar no documentoadxunto e na seguinte páxina https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/ ou premendo na imaxe de abaixo.

 

As familias que teñades dificultades para usar a aplicación abalarMóbil, é conveniente que vos poñades en contacto con este centro educativo, vía correo electrónico cra.naron@edu.xunta.gal ou no teléfono de dirección 626 422 080, e intentaremos solventar as vosas dificultades. Ao longo da semana, iremos actualizando a base de datos para que todos/as poidades acceder a AbalarMóbil.

No caso de que non poidades facer uso da devandita aplicación, tedes a posibilidade de solicitar que se vos envíe o informe das calificacións dos vosos fillos/as, vía correo electrónico, pero deberedes identificaros enviando o voso DNI escaneado ou foto do mesmo.

 

SEMANA SANTA

Dado que o calendario escolar segue en vixencia, o 3 de abril comezarían as vacacións, reanudándose as clases o martes 14 de abril. Como sodes conscientes, as clases seguirán sendo virtuais mentres dende a administración, non decidan o contrario.

Dende a Consellería se está dotando de novas ferramentas a centros, familias e alumnado , para poder mellorar o proceso educativo dende a casa. De todas as  novidades seredes informados na medida das nosas posibilidades.

Durante a Semana Santa non se subirán materiais as diferentes aulas virtuais pero si se subirán ata o venres 3, para que teñan algo de traballo para eses días. Dende o Centro pídovos comprensión nestres difíciles momentos que estamos a vivir e nos que todos, familias, alumnos e profesores intentamos adaptarnos o mellor posible.

Todo o Claustro segue traballando para intentar que esta situación excepcional, repercuta o menos posible no noso alumnado.

Rogaría, para finalizar, que lle dérades a maior difusión posible a esta comunicación, entre as familias do centro, mediante grupos que poidades ter ou outros medios. É moi importante que esteamos ben comunicados centro e familias nesta complicada situación.

 

   Moito ánimo e recibide un cordal saúdo

          

                                           A dirección

 

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_familias_-_novo_espazoabalar_galegov2.2.pdf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_mobil-familias_-galego.pdf

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/nova/guia-da-aplicacion-para-familias-abalarmobil