Actrices e Actores por un día....

O pasado 14 de novembro, o alumnado de 4º de Primaria, comenzou a grabar un dos videos musicais que compoñen, entre outros materiais, a caixa didáctica integrada dentro da Cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias, que nace na mancomunidade de Ferrol e busca ter un mellor coñecemento dos primeiros auxilios, a educación vial e as emerxencias.

Por un día fomos actores e actrices e vimos o traballo que leva detrás grabar unha filme....pero pasámolo moi ben.

Quédanos unha sesión de grabación onde remataremos este video e grabaremos outro en lingua de signos.

 

Na aula virtual podedes ver máis fotos desta xornada.