INICIO PROXECTO MAR ABERTO

Para comezar o proxecto anual do centro. "Mar aberto" Bufiña trouxonos a cada un unha mensaxe motivadora nunha botella. A mensaxe era da familia para o neno/a para darlle ánimos para ter un bo curso. As botellas estaban agochadas pola clase e tivemos que atopalas. Unha vez atopamos a nosa decorámola con area, cunchiñas e pegatinas mariñas. Xa temos forza para coller o curso con ganas!!!

 

 

Aos poucos días apareceu unha carta de Bufiña en cada clase, onde nos pedía axuda  para  rescatar uns animais que estaban enterrados no areeiro do patio e  levalos á zona de recuperación para que quedaran libres de novo. Non dubidamos nin un segundo en cumplir coa misión que nos propuxo a nosa mascota. Ao premer na seguinte imaxe podedes ver nun vídeo o ben que o fixemos. 

 

 

 

    Como fixemos moi ben o rescate dos animais mariños, Bufiña díxonos que xa podíamos dar un paso máis e ir a limpar unha praia e alá nos fomos a Valdoviño a limpar a praia da Frouxeira. Viñemos moi satisfeitos porque evitamos que moito lixo fose parar ao mar!!