A Receita da felicidade

A felicidade é unha sensación duradeira de benestar e que dependen de múltiples factores que se poden modificar e polo tanto ensinar.

Primeiro pensamos en todas as cousas que nos fan sentir ben ou que nos gustan ( lugares,cousas que nos gusta facer en familia, cousas que nos gusta facer cos amigos, comidas, xogos,  afeccións...).

Despois dibidimos as temáticas en catro cores que asemellarán o noso menú: entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, e cada un/unha elaboramos o noso menú ideal con aquelas cousas que nos fan felices. Fixemos un mural onde explicamos o resto o significado dos nosos debuxos e do noso menú da felicidade.