DÍA DE ROSALÍA 2022

 

Este ano celebramos o día de Rosalía en tódalas escolas do CRA, cunha actividade que denominamos: Rosalía na rúa, traballamos na aula diferentes poemas ou frases da autora e despois plasmámolas nunha tea que colgamos na rúa, ben en mobiliario urbano ou nas cancelas das escolas. Tamén se fixeron recitados dos poemas e plantación de pensamentos que era a flor preferida da escritora. Aí tedes un vídeo coa mostra dalgúns momentos do día.