O Val, Primaria, Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

MANDALAS MARIÑAS CON MATERIAL DE REFUGALLO RECOLLIDO NA SAÍDA A PRAIA DA FROUXEIRA E NOUTRAS PRAIAS.

Co material que @s nen@s  de 3º recolleron na praia e trouxeron a aula doutras praias elaboraron preciosas mandalas mariñas.

MANDALAS CREATIVAS

A imaxinación e creatividade d@s nen@s de 3º EP deixanos abraiados

CREAMOS CON KAPPLA

@s nen@s de de 3º de primaria fixeron grandes creacións con Kappla

OS BOLECHAS FALAN DAS FAMILIAS

Grazas a AAVV Irmandiños do Val que fixo o curso pasado o conto "Os Bolechas descobren a senda Ártabra", veu agora unha das bolechas a escola do Val para os nenos/as e familias de primaria co tema "Os Bolechas falan das familias.

De forma lúdica e didáctica os/as nenos/as puideron aprender sobre a aceptación e importancia da diversidade familiar, poñendo o foco nas familias monomarentais, comparar as familias humanas e animais, comprender as principais ocupacións e dificultades das nais e pais e interiorizar na necesidade de colaborar nas tarefas da casa

 

ACTIVIDADES 25 N EN PRIMARIA E NA ESCOLA DO VAL

Todo o alumnado de primaria colaborou na elaboración do mural do 25 N, aquí queda unha pequena mostra do traballo dos nenos e nenas.

 

 

25 N: O CHUVASQUEIRO DE AURORA

@s nen@s de 3º de primaria traballaro o conto " O chuvasqueiro de Aurora" e fixeron uns fermosos chaveiros.

25 N : EN PRIMARIA AS UNLLAS MORADAS

O alumnado de primaria que o desexou pintou as unllas de cor morado para conmemorar esta data.

ACTIVIDADES 25 N

Para conmemorar o 25 N o alumnado de educación infantil traballou o conto de "Arturo e Clementina" , na escola do Val presentámolo mediante un conto teatralizado co axuda da tartaruga Clementina. Analizamos o conto, e elaboramos unhas tartarugas baixo o lema " Contra a violencia, verbas de corazón"

ACTIVIDADES 25 N

Outra das actividades que fixemos foi pintar todos aqueles que quixeron as unllas de cor morado e colaboramos na elaboración da pancarta con Ed primaria baixo o lema " cambiar as cousas está nas mans de tod@s"

 

Distribuir contido