O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes
OS MAIOS
COA CHEGADA DA PRIMAVERA E DAS FLORES, TODOS OS ANOS FESTEXAMOS ÓS MAIOS NO CRA DE NARÓN. PARA A REALIZACIÓN DESTA FESTA CONTAMOS COA COLABORACIÓN DO CONCELLO, DOS NOSOS COMPAÑEIROS DO PAZO DA CULTRA E, POR SUSPOSTO, DAS FAMILIAS E NEN@AS POR TODAS AS FLORES QUE NOS TROUXERON! MOITAS GRACIAS A TOD@S!
Poesía con sentimento
Neste 2º Trimestre, como parte das propostas de Biblioteca, estivemos a traballar a poesía. Alén de ler moitos poemarios, reflexionamos que a poesía pode ser moi variada.
Despois comezamos a traballar os tipos de palabras, creando o noso propio banco de palabras.
Elexindo palabras ao azar compuxemos as nosas frases poéticas e asociamos a estas unha emoción. E así nace o poemario que aquí vos presentamos tamén en formato e-book.
Agardamos que o pasedes tan ben lendo coma nós facendo.
CONTACONTOS COMIGO
Xa case estamos chegando ao remate desta actividade tan exitosa, pero aínda seguimos recibindo bonitas familias que comparten historias con todos nós.
GRACIÑAS!!
A CONTORNA DE DOMIRON
Aquí tedes o noso video para convidar aos nosos compis das outras escolas do CRA a que veñan visitar a nosa zona. Este traballo, facendo de reporteiros e reporteiras, está enmarcado dentro do proxecto de centro: Pasiño a pasiño imos polo bo camiño. Durante o 2º trimestre traballaronse os mapas, distancias e tamén seguimos coas camiñatas, que está previsto que veñan os nenos e nenas do Val e Sedes a facer unha camiñata con nos pola nosa zona, igual que nos fomos a Sedes no 1º trimestre.
Quedou moi chulo!! De aquí a que contraten os nosos peques para o programa Aquí Narón (se o houbera) non queda nada!!!!
EXCURSIÓN Á DOMUS, A CASA DO HOME.
O pasado mércores 15 fixemos unha saída a Coruña, á DOMUS, xunto coas outras escolas do CRA, en continuidade co noso proxecto de centro sobre a sáude e os hábitos saudables.
Visitamos o museo con moitísima actividades interactivas, merendamos nas súas instalacións cunhas vistas increíbles para finalmente volver ás escolas moi felices por toda esta experiencia.
CONTACONTOS COMIGO
Seguimos con contacontos en familia, xa van quedando menos voluntarios pero non deixan de sorprendernos coas súas eleccións. Sodes fantásticos!!
CONTACONTOS COMIGO
Como gozamos escoitando estas bonitas historias contadas polas familias e, máis aínda, vendo como desfrutan os peques desta actividade. Moitas grazas aos voluntarios destas últimas semanas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »