Domirón
CUMPLES NOVEMBRO
No mes de novembro, a piques de rematar o ano, unha nena da clase de 4 anos e unha nena e un neno da clase de 5 anos, fixéronse un pouco máis maiores.
BIQUIÑOS E PARABÉNS PARA TODOS ELES!
ADAPTÁNDONOS AO COLE!!!
Ola familias, aqui tedes unha pequena mostra de cómo foi a adaptación dos nosos peques de 3 anos: as actividades que facemos, as rutinas de tódolos días, as cousas que facemos ao longo dunha xornada, etc. Espero que vos guste!!!
CUMPLES OUTUBRO
No mes de outubro festexamos cumpleanos nas tres clases, non poden estar máis guap@s!
OS NOSOS PARABÉNS PARA TODOS ELES!!
VISITA DE BUFIÑA: ALGUÉN CUMPLE 100 ANOS........
VISITA DE BUFIÑA: ALGUÉN CUMPLE 100 ANOS....
A semana pasada tivemos a visita de Bufiña despois de moito tempo sin vela, traía unha
coroa co número 100,mirade este video para saber por qué:
ANDAINA AO COUTO
ANDAINA AO COUTO
Como todos os venres, tocaba Educación Física co profe César pero a clase de hoxe foi diferente, xa que nos aventuramos a ir de andaina coas nenas e nenos de 4 e 5 anos para facer exercicio e desfrutar da nosa contorna. Tiveron tempo de correr, trepar, escalar, xogar, observar, explorar e recoller tesouros do outono que trouxeron para clase. Viñeron contentísimos xa que para algúns era a súa primeira saída do cole. Esperamos poder repetilo máis veces.
A VENDIMA
VENDIMA 2021
O pasado xoves celebramos a vendima en Domirón. Cada neno e nena recolleu o seu acio, separaron as uviñas para logo esmagalas co morteiro ou incluso coas mans e por último os máis atrevidos fixeron a degustación do mosto. Pasámolo xenial!
GRAZAS FAMILIAS
Temos as mellores familias do mundo: o curso pasado as familias de 5 anos, de regalo de despedida, compráronnos as pezas para o rocódromo e non solo iso, tamén viñeron a colocalas: o equipo Taladro chegou cos seus aparellos e nunha tarde quedou todo listo: un millón de grazas, cada vez que miramos o rocódromo lembrámosvos!!!
E xa neste curso, pedimos voluntarios/as para colaborar en varias tarefas e a resposta non puido ser mellor: pintaron, desbrozaron, limpiaron os areeiros...., grazas a eles, puxemos todo en marcha máis rápido. E grazas tamén ao noso papá carpinteiro temos unha magnifica cociña. A todos mil grazas: estamos super orgullosas de vos!!!!
CUMPLES SETEMBRO
No mes de setembro tivemos celebración de cumples nas clases de 4 e 5 anos.
MOITOS BIQUIÑOS PARA JULIA E MARIO LÓPEZ
Benvid@s ao novo curso
Para dar comezo a este curso os nenos e nenas de 4 e 5 anos pasaron un día moi divertido participando en talleres de auga, este tipo de xogos son un éxito asegurado e sempre fan máis levadeiro a volta ao cole. Cos seguintes vídeos podedes facervos unha idea de todo o que desfrutaron!
FESTA DA AUGA
FESTA DA AUGA
COMO REMATE FINAL DESTE CURSO, CELEBRAMOS A FESTA DA AUGA. AINDA QUE O TEMPO NON NOS ACOMPAÑAU MOITO NON DEIXAMOS DE DESFRUTAR DE TODOS OS XOGOS DE AUGA PREPARADOS. UNS VESTIDOS ,E OUTROS, OS MÁIS ATREVIDOS DA CLASE DOS MAIORES ATA DECIDIRON QUEDARSE EN BAÑADOR.
DUN XEITO OU DOUTRO O IMPORTANTE E QUE OS PEQUES DESFRUTARON UN MONTÓN DA EXPERIENCIA, COMEZANDO CON TIMIDEZ E INVESTIGANDO CADA ESPAZO ATA REMATAR CUNHA GUERRA DE PISTOLAS DE AUGA ONDE, POR SUPOSTO, AS MESTRAS NON SE LIBRARON DA MOLLADURA!!!
NOS SEGUINTES VÍDEOS PODEDES VER UN RESUMO DA FESTA DA AUGA DE CADA UNHA DAS AULAS:
E AGORA TOCA DESCANSAR NO VERÁN, RECARGAR PILAS E VÉMONOS DE NOVO EN SETEMBRO!
E PARA OS QUE LLES TOCA CAMBIAR DE COLE QUE TEÑADES MOITA SORTE NA NOVA ETAPA, BOTARÉMOSVOS MOITO DE MENOS E ESPERAMOS QUE VEÑADES ALGÚN DÍA DE VISITA.
AS MESTRAS DESÉXANVOS FELICES VACACIÓNS A TODAS AS FAMILIAS DOMIRONAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »